30 maio 2014

Pintan BASTOS

Cando nada podía ir peor, cando as eleccións lles dan unha oportunidade a uns perroflautas melenudos, descubrimos unha triste realidade: que incluso para quen as cousas lle deberían ir mellor tamén lle pintan bastos.




Semellaba que as matemáticas lle enchían corazón ( e o peto) Pero a verdade foi traída á luz, descubríndose a súa auténtica fonte de ingresos.



Na Avenida de Buenos Aires, aparcado na beirarúa esquerda, alí estaba...

A dura realidade de un amigo, Ejercendo un dos oficios máis antigos do mundo

TABERNEIRO!!!






24 maio 2014

Zapafinde 3.0_v1 [Cada un de nós escoitou a chamada]







Confirmo o que xa todos sabedes: O venres toca metal, non fai falta pasaporte pero si a vacina do tétanos.

18 maio 2014

Zapafinde 3.0_v0

Primeiro de nada unha recomendación persoal: non vos fiedes dos novos medios de comunicación que contan moitas calumnias. Sempre hai que facer caso aos medios oficiais de difusión, BOE, DOGA, La Región, ou para o evento en curso: este blog.

1. Antes de que sigades lendo, meus queridos amigos, quero deixar claro que esta edición do Zapafinde non é unha democracia. Aquí vaise a facer o que eu diga, para algo se utiliza o método do dedazo, i´m the man.
2. O segundo é marcar unha data. Xa está. Os días escollidos son 4,5 e 6 de xullo. Se alguén non pode que o diga xa ou que conceda para sempre. É necesario confirmar asistencia como nas bodas.
3. Unha vez elabore o presuposto inicial pasareivos un número de conta no que realizaredes o ingreso. Con estos cartos pagararei as reservas e outros gastos de loxística, incluidos os honororios do organizador (con este diñeiro ireime ao Caribe ou ás Canarias se non me dá).
4. Irei avanzando noticias, programa, instruccións, contido da maleta e demais cousas que se me ocurran en vindeiras entregas, a medida que se acerque a data.
5. O organizador reservase utilizar os medios que considere oportunos para informar sobre o evento, tomar decisións e asignar tarefas. En caso de dúbidas revisar o punto 1.



08 maio 2014

EUROVISION '14

One more time volve o concurso de canto favorito de todo o Continente: Eurovisión mostraranos o nivel cultural vocal e instrumental. Bueno, tamén se terá en conta o merchandaising, a beleza dos intérpretes, o nivel de frikismo... vamos, os factores que lanzaron á fama a Bisbal.

A falta do resumo Manchego de participantes, únicamente apuntaremos á eliminación de Portugal.



Parece que foi unha decisión xusta...