Jeje, xa que o que reclama o público (osease MathQnK) é sangue futbolístico aí vai un resumo da xornada. Analizarase con acidez e ollo crítico o traballo das dúas escadras punteiras do territorio Noroeste: o Celta e o Lugo. Bueno, está ben, os da cidade das Murallas van suficientemente ben como para non precisar estes rajazos...
Turkía: [rosco] Levante: [2]
A palabra é espectáculo (dantesco) da nosa escadra archienemiga favorita. Típico partido broza que se encalla e que ademáis ten grandes doses de dramatismo coa expulsión de Aranzubía. Neste punto, os experimentos con gaseosa sempre fallan e se demostra na gran estirada de Bergantiños
Xa se ve que a crise apreta e precisades xogadores máis polivalentes, quero dicir intercambiables.
Os de Panini xa tomaron nota (G1mP0 non ten nada que ver)
Ainda que o xogador do partido foi o inefable .... (redoble) ... irrepetible (gracias a Dios) ... Riki
Moitas ocasións e un gol anulado. Volvendo as mañas que o fixeron tan mítico ó sur do paralelo Coruñés. Segue coa campaña de facer gran xogador a Bodipo
Invocando mediante a Danza un gol
Dende o sur as novas son lixeiramente mellores con un empate en casa. Un gol de Park, que parece que non domina o español, nin o inglés nin a coordinación co resto do equipo. Confío que non se converta en un José Ignacio, que mete goles críticos pero o fulano é un lastre.
¿Onde está Munua?
Aspas o mellor, pero unha tarxeta convenceu ó Sabio do Barrio do Cura que era mellor cambialo. O resto do partido un correcalles do que quedou a lo menos un punto no peto.
Pd-. todos os comentarios son feitos dende o cariño. Por favor, que ninguén malinterprece incitacións á violencia. Apoiamos o fair play. Condenamos o seguinte, ainda que no seu momento fose gracioso...
Zas...
PPD-. Propoño un concurso de títulos para a última imaxe...