Amosando publicacións coa etiqueta Neve. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Neve. Amosar todas as publicacións

20 xaneiro 2013

Publicidade

Saúdos a todos.

Xa se ve ó personal quentando para ó festival inminente. Sen embargo, dado que Big P non poderá asistir á inauguración na alfombra vermella, é preciso adicarlle os espacios contratdos cos nosos patrocinadores e outras ofertas de compra/venta.

Considerando que houbo renovación do parque móvil zapatillesco, vendo cadeas de tela para vehículo motorizado que calce unha medida incluida entre as seguintes. Sen estrenar, ainda envasadas ó vacío(como sona) no envoltorio orixinal. Modelo Q09 H



 É aconsellable que o vehículo en cuestión calce algún dos seguintes tamaños.
185/80-R14, 215/70-R14, 175/80-R15, 195/70-R15, 215/65-R15, 225/60-R15, 205/60-R16, 225/55-R16, 245/50-R16, 205/55-R17, 225/50-R17, 245/45-R17, 255/45-R17, 225/45-R18, 245/40-R18.


En outra orde de cousas e xa que pronto entraremos en temporada de neve e o tempo anda revolto, recoméndase máxima precaución.







 Ainda que non sei se nós teremos este tipo de problemas en concreto...


Aproveitamos a ocasión para facer unha proposta á RAE e ó ministerio de economía de Alemania (o BundesMoneyAdminitratum), que ó final son os que cortan o bacallau: a creación dunha nova unidade monetaria.

1 Bárcena = 22Millóns €


De este xeito, poderiamos ter mellor idea do que se move no noso entorno próximo, como o prezo da compra no super ou similar. Estímase que o presuposto para este Txeriff rondará sobre 0,000001 Bárcenas ou que o aeroporto de Castellón saiu por uns 8 Bárcenas (a que dito así sona mellor...)

28 febreiro 2011

Finde na neve (2)

Bueno, dado o "gran" exito da entrada anterior... (cri, cri, cri) Un tema que habería que tratar é a posibilidade de monetizar o blog, xa que uns cartiños nunca están de máis. Sobre o destino deses cartos pois poderíase debatir:
  • O meu peto (quizais, a máis interesante)
  • Pagar as cotas da fotobroza
  • Iglesia católica

Volvo a intentalo con un tema de éxito: Viaxe con fotos!!




Tamén servirá como homenaxe ó futuro defensor da pandilla.



Bueno, é posible que non vos falaramos do ataque terrorista que sufrimos. O Pan ainda está superando o trauma, vai na fase do síndrome de Estocolmo.




O xa habitual pique García Quevedo-López Araújo

Debo confirmar que MrFunkillo non está giñando, senón que por efecto da velocidade e da persmpectiva semella iso. (non estaba permitido na commpetición fontes de aceleracións externas/internas)

O home biónico:





Bonus:


Vou ser un pouco cabroncete: Propoño un concurso de photoshop con esta...

14 febreiro 2011

Colina abaixo vai un snowboarder de pe (a ratos)

Propicios días, nenos e nenas. Xa están colgadas as afotos do finde na neve:




Poño só un para para abrir boca: Na primeira posamos todos heroicamente tras acadar un lago conxelado. Na seguinte, ainda que aparece outro excursionista (anónimo), debe ser incluida por captar a esencia dun momento que todo experimentamos ó longo do fin de semana: a caida de cu!


E unha foto do grupo que mola: os esnouborders!!




E para rematar, tendo en conta a data de hoxe, unha imaxe que capta "o momento": Con xeonllo en terra pregunta: "Cariño, ¿faríasme o home máis feliz? ¿Subiraste ós esquís????"


21 xaneiro 2011

Know your way, little grassshopper!!

Saludos ós parroquianos que encomendarán as súas almas a San Bernardo (como non, patrón dos esquiadores) e os seus corpos á gravidade terrestre o primeiro finde de Febreiro: Leitariegos alá imos!!


ó final non sei cantos estaremos, pero haise que ir preparando:



Si, en Internete a xente opina maioritariamente que o patrón é San Adú, pero será para os madrileños...