PROGRAMA
17:00 1ª Sesión fotográfica: de Bourdeaux a Brest
19:00 Merenda bretona: te ou café con pastas bretonas
19:30 2ª Sesión fotográfica: de Brest a Tours
21:30 Concurso de prebes de moules
22:00 Cea bretona a base de crepes
24:00 Concurso de videos
Nota: As horas son orientativas, podendo sufrir modificacións en función da evolución das distintas sesións.
ASISTENTES
Organización: Xulián, Chiqui, Mariña e Iago. A data de celebración establecerase en función da dispoñibilidade destos para poder asistir.
Convidados: A organización resérvase o dereito de convidar a asistir á festa, ou a algunha das súas partes, a quen estime oportuno. Os convidados teñen as seguintes obrigas:
Confirmar a súa asistencia como moi tarde o xoves anterior ao día da festa.
Non queixarse se o número de fotos ou de videos resulta excesivo.
Colaborar nas sesións gastronómicas nas que participen segundo se lles requira.
FUNCIONALIDADES
Loxística: Noméase a Chiqui responsable de loxística. As súas funcións inclúen:
Habilitación do local da festa: Deberá estar limpo e dispoñer de asentos suficientes para todos os asistentes. Queda ao seu criterio a súa decoración.
Instalación e montaxe de equipo audiovisual con proxector, onde ver as fotos e os videos.
Habilitación da infrasestructura culinaria: Deberá dispoñer dun microondas, de cacharros para quentar cousas nel e dunha pota mediana-grande.
Suministro de menaxe: Proporcionará platos, vasos, cubertos e servilletas para todos os asistentes e tamén, se fose necesario, para servir os rellenos dos crepes. Queda ao seu criterio o material destos.
Contidos: Noméase a Xulián responsable de contidos. As súas funcións inclúen:
Climatización: Noméase a Xulián responsable de climatización. As súas funcións inclúen:
Enoloxía: Noméase a Xulián responsable de enoloxía. As súas funcións inclúen:
Gastronomía: Noméase a Iago responsable de gastronomía. As súas funcións inclúen:
Suministro de pastas pastas bretonas para a merenda.
Suministro de moules suficientes para todos os participantes no concurso de prebes.
Suministro de crepes suficientes para todos os asistentes, segundo as necesidades acordadas previamente pola organización.
Coordinación: Noméase a Mariña responsable de coordinación. As súas funcións inclúen.
Inscripción dos convidados. Deberá proporcionar aos responsables de loxística, enoloxía e gastronomía o número de asistentes a cada sesión da festa como moi tarde o xoves anterior ao día da festa, co fin de que estos poidan realizar adecuadamente as súas funcións.
Coordinación dos prebes do concurso de prebes de moules, para evitar que se repitan.
Participación: Todos os asistentes á festa, sexan membros da organización ou convidados e con independencia das demáis funcións que teñan asignadas, deberán:
Notificar a súa asistencia á festa ao responsable de coordinación como moi tarde o xoves anterior ao día da festa. A notificación poderá facerse por sms, mail, teléfono, en persoa, ...
Participar no concurso de prebes de moules con polo menos un prebe. Deberase indicar ao responsable de coordinación, como moi tarde o xoves anterior ao día da festa, en que consistirá o seu prebe, para evitar que se repitan. No caso de que xa alguén notificase o mesmo prebe previamente, deberá cambiar a súa proposta.
Participar na elaboración do contido dos crepes aportando polo menos:
Unha proposta de relleno frío, que consistirá en un ou máis ingredientes presentados xuntos ou separados.
Unha proposta de relleno quente, que consistirá en un ou máis ingredientes presentados xuntos ou separados. Estos quentaranse no microondas antes de ser servidos.
Unha proposta de relleno de crepe doce, que consistirá en un ou máis ingredientes presentados xuntos ou separados.
Deberase indicar ao responsable de coordinación, como moi tarde o xoves anterior ao día da festa, en que consistirán os seus rellenos, para evitar que se repitan. No caso de que xa alguén notificase o mesmo relleno previamente, deberá cambiar a súa proposta.