Jeje, vou vos contar o que me pasou este sábado camiño de casa.... Surrealista! Érase que se era que xa estabamos na plaza dos Ramóns cando fago un "Eliseo", despídome de Kopi e piro para casa. Axusto o gorro negró, poño velocidade de cruceiro e atraveso a praza. Pero cando vou a altura da frutería escoito detrás miña:
-Eh, eh!!
-Bah, non vai conmigo- pensei.
-Eh, eeeh, ¡señor, señor!
Chegados a este punto, doume a volta cara voz, xusto por onde desperida ós meus amigos e vexo que alguén ven cara min. Viña camiñando rápido un rapaz. Según se acerca non podo evitar a impresión de que me sonan a súas pintas pero non a súa cara. Caio na conta que parece un web o Kevin José de Era visto.
Cando me dou a volta o tio quédase mirando para min e dime:
-Bueno, do de señor igual me pasei...- respira, respira...respira.
Quédome mirando para el e espétolle: Mira..., ¿que queres?
Atención ó quite... neste punto non acertades coa proposta deste personaxe nin a de quince!! Non vai pavo, recupera alento e me dice:
-Si, esto, que era por se tiñas un par de Euros -(xa, agora diredes: "iso xa mo cheiraba") e vai e abre unha man te ten un billete de cinco euros e como tres euros máis en moedas; e atención ó quite!!- para pillar unha botella de Brugal no vintecatrohoras. Claro, que che deixamos un par de chupitos...
:O
Só me saiu un: "Tio, eu xa me vou para casa..." en plan WTF total. O pavo, en vista do éxito, xa levanta a cabeza buscando outra vítima, digoo, cooperativista e marcha cun adeus...
Non somos nadie, agora coa crise a xente ten que buscarse accionistas para facer botellón!!