Amosando publicacións coa etiqueta viñopintxo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta viñopintxo. Amosar todas as publicacións

08 xaneiro 2014

Cata ViñoPintxo v2

Saúdos á parroquia. Benvidos ó 2k14!!

Como parte das tradicionales actividades de Nadal tivo lugar a Cata ViñoPintxo. Nesta edición, os participantes aportaron os "caldos" e unha gran variedade (e cantidade) de viandas maridadas.

Como aquí xa sabemos que o que motiva é a clasificación final, presentanse aquí os resultados finales:

  1. Albae Esencia [Txiki] (30,3 periódico)
    O home do Nadal: ganou todas as competicións e supomos que se estará reservando para o Txeriff.
    O feito de ser branco (algo de racismo pode haber) e ser o que se probou primeiro lugar xogou cláramente ó seu favor.
  2. Viña Leiriña [Funkillo] (25,8 periódico)
    Un López Araújo NUNCA se rinde
  3. Velhotes [Mariña] (24,5 periódico)
    O primeiro tinto da lista. Pode que a foto non sexa exacta...
  4.  Txikipufo [Txiki] (24,3 periódico)
    Fálsamente presentado nunha botella de gran prestixio, o seu contido foi rellenado con Vinachus. A pesar da polémica, non tiña o mesmo sabor que o seu irmán.
  5. Esencia de Fontanta [Kopi] (23,4p)
  6. Cotes du Jura [Prolman] (22,6 periódico)
  7. Viña Costeira [Marta] (21,5p)
  8. "Barrantes" [Sibarita] (16,8p)
    Sí, os máis observadores xa se darían conta de que non foi presentado no envase orixinal, dado que "era excesivamente característico". Dos dous litros orixanáis escorlleuse o mellor medio litro; do que aínda se escolleu a mellor parte para unha botella nova. E gracias a todos estas trafregas, o "caldo" que se degustou estivo libre dunha gran parte de impurezas decantadas. A cambio experimentou unha perda de densidade.

    Foi moi penalizado por non aportar a característica fundamental deste tipo de viños: unha boa dentadura barrantesca.

  9. Verdes Matas [Eliseo] (16,7p)
  10. Vinachus [Bras] (14,5)
    Os prexuícios do seu envoltorio afectaron duramente a este producto "de confianza"
    A imaxe é unha representación do tipo de soporte sobre o que se presentou.

Un ano máis, a pitanza estivo ó nivel: presentáronse pintxos con aguacate, morteruelo raw, sobrasada, xamón e queixos de varios pelaxes, pintxos con dúas salsas (queixo e outra de salmón) con tapa de salmón en tartaleta de ...

Bueno, que xa nos tarda a próxima edición de tan magno acontecemento.

Lanzo a proposta de facer unha merenda campestre un día de primavera na que se volva a degustar ó campión do presente ano na compaña de pintxos e parranda.

Os protagonistas das frikiolimpiadas deste ano deberán explicar os feitos que alí tiveron lugar: a enésimia Txikiñuela