30 maio 2008

Intrusismo laboral

Ostias...

Levo un par de horas para facer unha chorrada coma un piano. Resulta que quería por un player para que reproducise un par de temas que colguei por ahí nun servidor e non son capaz...... a pesar de ser profesor de informática!!!!

Non sei que falla, aparece o reproductor de gmail pero non reproduce unha merda (supoño que o problema está onde teño almacenada a música). non sei se preguntarlle ao Pan pero suguro que me remite a un manual de choscocentas follas (en alemán).

Que iso, que dá igual. En lugar de iso, e para cerrar o tema eurovisión, vou poñer un par de temas de xente que non pode criticar ao chikichikl porque fixo bastante menos ca él. Ahí tendes: Lydia no 99 e Remedios Amaya no 83. Sí, o traxe de Lydia é da muller (?) de Pedrojota.







23 maio 2008

Eurovisión 2008 (Gran Final)

Pois aquí temos aos 25 participantes. Esta é a orde de actuación, acompañada dun breve reporte do que esperamos de eles. Podedes acceder a unha páxina con tódolos videos premendo aquí:
  • 1. Rumanía: Nico y Vlad Mirita. Balada coñazo con dúas stars dunha potencia musical coma Romenia. Non pasa nada se conectamos a partir das nove e pico. Previsión: son aburridos e son do leste, así que vendo como pinta o festival, de mitade de tabla pra riba (snif).

  • 2. Reino Unido: Andy Abraham. Parece que en GranBretaña o concurso de Factor X tivo éxito e o tipo este gañou. Funky estiloso, unha canción decente. Lástima que os ingleses non linden con bielorrusia. Previsión: entre os cinco últimos.

  • 3. Albania: Olta Boka. Unha nena de 17 anos cunha posta en escea moi albanesa (vamos, cutrísima). Previsión: entre os dez últimos ( e para eso con puntos de países coma macedonia ou rumania)

  • 4. Alemania: No Angels. As gañadoras de "Popstars" en Alemaña (si, o concurso que se fixo fai un lustro en tele5 e que nin en agosto tiña audiencia). Cantantes hermosotas (recheíñas, vamos) con outra sosada máis. Previsión: Europa occidental? Entre os cinco últimos.

  • 5. Armenia: Sirusho. Pois o festival comeza aquí, máis ou menos as nove e cuarto, coa primeria ceñida da noite, con toques pop árabes e moito maromo arrastrándose no escenario. Previsión: penso que é o ano das repúblicas caucásicas e estará entre as des primeiras.

  • 6. Bosnia y Herzegovina: Elvir Lakovic Laka. Un dos motivos para ver o festival. Unha performance en toda regla cun tipo que fai o robocop continuamente sobre o escenario (parece sacado dunha peli de Tim Burton). Previsión: (oxalá) entre os dez primeiros. Penso que terán opcións de triunfo incluso.

  • 7. Israel: Boaz Mauda. Pois sí, parece que os xudeos son europeos (???) . Momento ideal para ir por unha cervexa ante o chorro de voz dun fulano de faccións ambiguas. Previsión: nin pena nin gloria, metade da táboa.

  • 8. Finlandia: Teräsbetoni. Jevy metal en estado puro, directamente dende os oitenta. Non son malos e din que non irán de camisa... uhhh... que provocación ao público do festival, acostumado á radiofórmula... Previsión: Se pasan da metade da táboa podense dar cun canto nos dentes.

  • 9. Croacia: Kraljevi Ulice. Canción revelación da segunda semifinal. Canta un vello de 80 anos que remata a actuación facendo scratches e a posta en escea é tan friki coma innovadora. Previsión: é unha incógnita. Ninguén daba un duro por eles e están na final, así que...

  • 10. Polonia: Isis Gee. Ñoña balada rancia ideal para ir por outra birra e pechala boca trala actuación anterior. Previsión: desgraciadamente, de mitade de táboa pa riba (hai certa mentalidade de colmea no báltico, vamos, que só se votan entre eles).

  • 11. Islandia: Euroband. Vendo esta actuación alguén pode pensar que o Neng tamén está en eurovisión representando a Castefa, tron.... pero xa sabedes que o bakalao é internacional. Previsión: metade da táboa (e que non se queixe, que musicalmente non pode ser máis pobre)

  • 12. Turquía: Mor ve Ötesi. Rock turco??? Por diosssss. Do peor da noite. Previsión : entre os dez últimos.

  • 13. Portugal: Vânia Fernandes. Por si o público non o flipa suficiente cos rockeros turcos, o sorteo depara que logo suba ao escenario unha cantante de fados (explícalle o que é un fado a un moldavo). Previsión: a tipa canta moi ben, pero pesa 200 kilos e Portugal e o pais máis occidental de europa, así que entre os cinco últimos, demostándose que esto e un show friki e que os que o seguen teñen a mesma idea de música que una xouba xorda.

  • 14. Letonia: Pirates Of The Sea. Gran momento friki cando unha morea de tipos ataviaos coma piratas suban a cantar todos a vez unha merda pegadiza que soa igual durante os tres minutos que dura (que, sinceramente, parecen oito). Previsión: A mafia báltica os poñerá por riba da metade, aínda que merecen quedar últimos ultimísimos.

  • 15. Suecia: Charlotte Perrelli. A favorita e unha rubia de corenta anos con bótox ata nas pestañas e anoréxica perdida, vamos, a Cher sueca. A canción e un coñazo ao selín-dión. Previsión: No podium case seguro.

  • 16. Dinamarca: Simon Mathew. A quen lle dé tanto asco coma mín un grupo chamado Maroon 5 que cambie de cadea, porque o tipo este é un clon. Previsión: metade da táboa.

  • 17. Georgia: Diana Ghurtskaia. Pensaredes que Martirio tamén se presenta ao festival pero non, esta tipa non é pariente. A máis frouxa das cancións caucásicas con cambio de roupa no escenario incluido e una mesaxe tan riquiña coma "Peace will come" ( a ver que lles parece eso aos turcos kurdos, veciños dos georgianos). Previsión: non pinta nada.

  • 18. Ucrania: Ani Lorak. Comeza a recta final e o millor do festival. Ucrania montará un show caralludo polo visto na semifinal coa segunda cachonda da noite e... ¡tipos metidos en peceiras coma lorchos!. Previsión: eu penso que no top5. A mín incluso me parece digna de explotarse comercialmente, e hai que recoñecer que a tipa é das que mellor canta.

  • 19. Francia: Sébastien Tellier. Francia leva a un tipo idolatrado por publicacións entendidillas como a RockDeLux que tamén soa bastante ben e que ten o millor video dos que compiten. Previsión: Desgraciadamente quedará cara o final, que cante en eurovisión este tipo é coma botarlle flores aos porcos.

  • 20. Azerbaiyán: Elnur Guseynov y Samir Javadzade. Nova dose de frikismo. Outro show de coidado co anxo e o demo. Ópera rock e incluso algún riff nun tema que non deixará a ninguén indiferente (moi boa posta en escea). Previsión: coma mínimo, a millor das caucásicas, e (esto é máis un desexo que unha previsión) entre os cinco primeiros.

  • 21. Grecia: Kalomoira. Britney non se chama spears de segundo, chámase kostiospoulos. A terceira ceñida da noite vende discos coma rosquillas en Oriente próximo e, para que nos vamos a enganar, está completiña, por non decir que emula a shakira (pero non se move igual, senón non estaría en eurovisión). O pior que lle podía pasar a Disco e a Gráfica, as dúas bailarinas de Rodolfo, que veñen a continuación. Previsión: tamén pode ser top5, ten opcións de gañar.

  • 22. España: Rodolfo Chikilicuatre. Botaranlle tomates? Farán o maiquelyankson? Ata o de agora o público dividiuse cos frikis: ao pavo dustin o abuchearon, aos piratas os vitorearon...Previsión: España é occidental. 12 puntos de Andorra e 12 de Portugal dan para safar a última posición pero tamén para estar no top5 da cola, lamentabelmente. Oxalá me equivoque, porque o pior será escoitar a uribarri en plan: "te lo dije...yo ya lo sabía...soy un rancio prepotente..."

  • 23. Serbia: Jelena Tomašević. Por si fose pouco, Rodolfo toca antes dos anfitrións, que neste concurso poderían levar unha merda pinchada nun pau que, como son os anfitrions, sairán airosos. Previsión: entre os des primeiros.

  • 24. Rusia: Dima Bilan. O gran favorito, algo así coma o Lionel ritchie do COMECON. Superbalada de gentleman con dous ingredientes fundamentais: un tipo tocando un stradivarius de un millón de euros (señores, esto é eurovisión, o concurso máis importante para europa do leste) e un tipo patinando sobre xeo ao redor do cantante(e non é un tipo calquera: trátase de Eugeny Pluschenko, medalla de ouro fai uns anos na olimpiada). previsión: se non gaña é un miragre.

  • 25. Noruega: Maria Haykaas Storeng. Mariah carey nórdica con outra das típicas baladas eurovisivas que aburren aos que vemos o festival coma atracción cirquense. Previsión: de mitade de táboa para arriba.

E aos que perdíchedes o show de países coma Irlanda (un lunni facendo que canta), Bélgica ( a prima de Amelie cantando nun idioma inventado) ou Estonia ( tres gordos sen medo ao ridículo berrando), aínda podedes ver os seus videos na páxina da cabeceira.

Viva o frikismo!!!!!


21 maio 2008

Segunda semifinal eurovisión 2008 (xoves 22)

Parece que negros nubarrón srexeitan aos frikis nesta edición... vanlle tirar tomates a Rodolfo!!! A gala non será emitida (amosándose así a falta de criterio de tve), asíq eu a única oportunidade de ver aos frikis novos e mediante os links. De tódolos xeitos, penso que o millor estaba na outra (pavo, anxos, demos e demais), aínda que esta semi conta cun componente bakala serio.

Non hai que perderlle a pista a:

Bulgaria: A chegada do punchipunchi e as pastillitas de colores a eurovisión. Ollo ao video: parece que non vai a haber cachonda (un país de europa do leste sen cachonda no escenario... imposibel!!!) pero aparece ao minuto pasado de tema. A dúbida é... poñeranse os fulanos a facer skratches no escenario??

Letonia: En pleno furor dos piratas do Caribe creouse este grupo de fulanos disfrazaos de Capitán Garfo e bailando punchipunchi (menudo despropósito). Como me gustan las pastillas negrasrojasamarillas, que si media no coloca una entera va a la boca....

Islandia: Non vos deixedes enganar, realmente baixo o seudónimo de Euroband se agachan Chimo Bayo e cinco cachondas máis para a colección (catro morenas, Pan!). Máis punchipunchi... logo o festival presume de músicos de verdade...

Malta: Directos, claros, ao gran. A cantante chámase directamente "Morena": outra jamelga que non ten nin puta idea de cantar pero sendo eso o de menos, pois nada. Moitas pelas no video musical e, por suposto, acompañamento de guitarra e baixo... era broma!! PUNCHIPUNCHI.

Vendo o nivel das semifinais, a min non me parece espantoso levar reggeatón... polo menos Rodolfo toca unha guitarra dos chinos (que fai un son moito millor que calqueira dos instrumentos usados nos catro temas que seleccionei enriba).

A ver o panorama da final.....

18 maio 2008

Primera semifinal de eurovisión 2008 (martes 20)

Coma reporteiro especial dende Cuenca, adiántome a ofrecervos unha pequena guía do que non debedes perder o martes que ven na primeira das semis:

Azerbaiyan: Duelo de titáns entre un castrati e un azerbayano de verdade. Por suposto, a virilidade representada por un demo e a homosexualidade por un anxo. Ratzinger non é azerbayano (¿qué é azerbayan?¿cantos países se inventan para eurovisión cada ano?)

Bosnia:O rival a bater coa famosa galiña irlandesa. Un puñao de gichiños disfrazaos de monicreque onde destaca entre todos o "artista". De pequeno non tiña amigos e por eso parece perturbado. Unha ameaza.

Estonia: Europa do leste sempre da xogo: cachondas, bandeiras e o José Oneto estonio marcándose un baile que nin dios. Penso que é imposible non rir co video destes tipos. Outrs que, como pasen, pásannos por riba.

Finlandia: comeza o video. Suponse que un lóstrego traslada ao grupo dende o ano 666 a actualidade. Mentira!! Veñen de máis ou menos 1984, cando eran teloneros dos escorpions. Coma non, tamen hai cachondas ao final do video: estrippers profesionais (en serio) ás que lles meten cartos no tanga. Menos mal que esto xa está visto.

Irlanda: o verdadeiro adversario. Alguén dixo que era unha galiña. É un pavo, un pavo bakala, que ten unha voz tan desagradable coma o Pan. Xa sabemos que chikilicuatre só pode ser segundo se este tipo pasa. Ademáis, canción con mexase: fixádevos no título. Asoballando!!!

Montenegro: Stevan Filipovic (Flipao para os amigos) representa o cupo de 5% de descapacitados. Non sabe poñerse un xersei e non sabe se canta heavy ou pop. Leva peloca? Admítense apostas.

Calqueira destes que non pase á final deixaría de mostrarnos un grannnn espectáculo....

Espero aos vosos favoritos.

O mércores informaremos de novos países semifinalistas do xoves: Islandia ou Bulgaria tamén son ameazas.

13 maio 2008

Chiste de forges como mi cortina de humo....

Que grande este chiste de forges en el país:



Esto es una maniobra de distracción para poder publicar una de esas entradas por la que me llamais friki... pero me da igual... además de ir al cine para ver la última de Indi ya tengo otra peli por la que me pienso dejar mis 6 €uros (y todos sabeis como me duele dejarme seis €uros en cualquier cosa - Incluso en Whiskey):

La nueva película de Expediente X (vía microsiervos) y si teneis la mala follá de faltarle al respeto a Mildred y Scuby os diré que sois unos hijos de la grandísima puta y os comeré el hígado crudo.

En el Top de series geek (via mircrosiervos) está 4º detrás de McGyver... indignate

Otra cosa indignante es que Stargate-SG1 esté 9º... con 10 años a sus espaldas, vale que la última peli donde acababan con los ORI es muy mala.... ah... que soy el único que vió esta peli... y la serie...


pd. si después de esto no se inunda el post de puteos es que el blog si que está "chaping" y es mejor cerrarlo

Saúdos sen gañas de traballar... como chove

01 maio 2008

A que me adico realmente: A triste verdade revelada por fin!!

Meus ben queridos amigos:
Como persoa afable e sincera, débovos unha explicación, e agora vola dou. En moitas ocasións me tedes preguntado en que ghasto o meu tempo, que fago cando viaxo e porque teño que viaxar tanto(bueno, esto é por rachas) Hoxe é o día en que tódalas vosas dúbidas quedarán resoltas.

Xa vos dixen dende o principio que estaba no departamento de seguridade, co que todo o relacionado co meu traballo ten unha componente de reserva. A miña labor é tratar cos máis perigosos e axudar a mantelos controlados.

Do mesmo xeito que sempre se di que unha imaxe vale máis ca mil palabros, eis aquí unha instantánea miña nun vehículo de empresa en acto de servicio.



Por se queredes ver a web da empresa:

Indra

Debo pedirvos a cambio da revelación, que en memoria da nosa amizade, non fagades público tan segreda información.

E a partir de agora, que ninguén me pregunte a que carallo me adico!!!