Amosando publicacións coa etiqueta Snow. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Snow. Amosar todas as publicacións

14 febreiro 2011

Colina abaixo vai un snowboarder de pe (a ratos)

Propicios días, nenos e nenas. Xa están colgadas as afotos do finde na neve:




Poño só un para para abrir boca: Na primeira posamos todos heroicamente tras acadar un lago conxelado. Na seguinte, ainda que aparece outro excursionista (anónimo), debe ser incluida por captar a esencia dun momento que todo experimentamos ó longo do fin de semana: a caida de cu!


E unha foto do grupo que mola: os esnouborders!!




E para rematar, tendo en conta a data de hoxe, unha imaxe que capta "o momento": Con xeonllo en terra pregunta: "Cariño, ¿faríasme o home máis feliz? ¿Subiraste ós esquís????"