Amosando publicacións coa etiqueta verán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta verán. Amosar todas as publicacións

20 xullo 2011

Parálise...

Madre mía! Deixa un de postear e este blog está máis parado que a economía grega. ¡Panda de vagos! Ainda recordo cando diciades: "¡Danos permisos! ¡Queremos expresarnos! Só se fala dos temas que ti inicias..."
Pasamos por algún momento que as ansias de comunicar eran tantas que case se pisaban as entradas. Millóns de horas en preparación, documentación, redacción, maquetación e supervisión solapadas en segundos polo pulo renovador....
E todo para que agora esteamos en temporada baixa... E non é excusa a calor do verán, nin estou preparando-unha-viaxe-caralluda-encaixando-horarios-aloxamentos-blablablá. Ou todo o mundo vai facer unha xogada ProlIbicenca???

Xa adianto que un servidor deberá agardar ata que o calor oficial marche para poder ter as vacacións regulamentarias. Sigue enriba da mesa o EuscalTour.

Agardo que esta entrada sirva de pulo para que todo o mundo (parroquianos, francotiradores, Chete Nagas e demais fauna) se digne en postear.


Novidades, pois o POLVO III xa rematou e esto pendente da liquidación dos "flecos" e dos resultados das enquisas. Confío en que a xente quedase contenta; sen embargo creo que non lle corresponde ó organizador facer máis que unha aséptica descripción das actividades levadas a cabo.

Por tanto:

Día 1: Recepción dos participantes e cea na crepería máis bretona de Vigho. Logho sesión de licores locales destructores de flora intestinal nos Anos Vinte, visita ó detido no tempo Toni's e remate por Churruca da noite (non vou por calificativos, para non condicionar a ninguén)

Día 2: Amanecido como brumoso día de néboa mesta espesa e duradeira, os participantes cubriron o último tramo da ascensión ó Galiñeiro en condicións que non permitiron apreciar as paisaxes nin moito nin pouco (paseouse por un paraxe semilunar con vexetación baixa que máis que pinchar e ortigar empapou os pantalón por debaixo da rodilla)
Xantar campestre e volta á Metrópole para un recorrido polos puntos mais turísticos/curiosos da mesma: dende a Pedra ata as salinas; dende o Marco ó bar da ducia de Moules por un euro. O tempo cada vez se tornou máis inclemente ainda que tras a cea, parece que a cousa calmou. Houbo quen ese día se despertou co armonioso canto gaviotil (tanto o impactou que non dubidou en facer partícipes ós demais do seu éxtase)

Día 3: Sen moita madruja e con calma para a observación da paisaxe, visita a un "furancho" (quedei con dúbidas de se tiña CIF a factura...) e logo paseo pola illa de S.Simón. Recoñezo que a guía meteu uns cantos gambazos pero penso que a beleza da vexetación mitigue o impacto causado.

Cando rematen as enquisas publicaranse os resultados (CQC)