Bueno, pois pasou: volveu a censura e a manipulación por parte dos que teñen permisos de administrador. Lamentando moito a deriva que estaba tomando isto, decido tomar con todas as consecuencias de antipopularidade este paso. Prometo que todo empezou con moita inocencia a partir do descubrimento do nome do edificio en Vigo e a coincidendia cos apelidos. O salto dado incluindo unha foto pública subida polo propio aludido non pensei que fose evolucionar á última entrada retirada; acepto que o retoque pode ser máis ou menos acertado pero foi tamén feito a partir de unha fotografía pública e non se daban máis datos dos accesible en outros puntos da Internet, sen ser precias unha búsqueda exhaustiva.
O propósito da serie Xente da Parroquia foi malinterpretado, pretendendo ser fonte de elementos novos e coincidencias mais ou menos graciosas, pero semella que pode ser convertido en unha forma de repaso vital con consecuencias para a intimidade imprevisibles.
Por todo isto, a decisión está tomada. Pido disculpas por que o tempo adicado a estas entradas semelle inútil, pero penso que o procedemento para o intercambio de este tipo de material deberá ser unha lista de correo coas direccións "de confianza"
Saúdos e ata o próximo comunicado
El Gimpo