24 xullo 2012

O auténtico uso da cabeza...


 O caso é que me recorda a alguén, pero non caio


ó final poño a resolución do concurso desta semana... Moitas gracias a tódolos que participaron e ós que se sentiron aludidos. Simplemente direi que ó monos lles gusta o heavi e ós que non son tan monos, tamén. Que nada, que hoxe teño sesión no dentista e por se acaso, xa vou gastar o bo humor por adiantado...

Nada, que descubrín este vídeo ó que merece a pena adicarlle uns minutos, porque se non che pon unha sonrisa na boca isto... non tes sentido do humor. E non me refiero a que che fagan gracia chistes como o do Jordi e a Merçé precisamente.

Este vídeo é unha crítica ó que algúns da parranda podía haber feito fai uns anos...




O vello sábeas todas...


Pois aquí tedes o misterio resolto: o responsable de que o Txiki teña a xornada laboral que ten, permitíndolle disfrutar de algún día de traballo ocasional entre vacacións e pontes: O chimpacé con coñecementos de Excel

¿Cómo se facía para ordenar as columnas polo número de bulones, digo bananas?




13 xullo 2012

Festa no Porriño

Pois ó final quedámonos coas ganas... ¡e mira que prometía! E sen embargo tivemos que retroceder no tempo unha hora para disfrutar das Francesiñas de O Porto. Dado que houbo protestas pola idoneidade para ver no traballo algunhas fotos dalgunha entrada, previa, non vou caer no truco fácil de por outro par insinuantes raparigas na portada. Soamente vou por unha reseña da festa que cambiou a viaxe:



Algo de praia e un hombro parcialmente queimado máis tarde, sen tempo de recuperación (non, isto non vai polo Kopi -este ano, o próximo, Rajoi dirá-) volta moi dura á semana laborante...

Adivinanza: ¿de quen é esta silueta?









Na próxima entrada revelarase a solción...

Por certo, xa dou a pista de que non está relacionado co concurso, pero foi sacada de aquí

02 xullo 2012

Seica ganamos...

Saúdos a todos. Xa facía moito que non se actualizaba nada no blog: entre uns que andaban de viaxe polo norte, outros que foron a Cangas e que os que temos tempo non nos chegan as ganas... foi quedando o tema.

Pois nada, que seica ganamos pero non teño moi claro o qué: ¿Volverán os medicamentos ó prezo anterior? ¿Anularase a subida do IVE? ¿Des-recortaremos? ¿Esqueceremos a prima de risco? ¿Ou deixaremos de ter, como din os da galega,  uns "bonos-lixo"? (Personalmente, penso que sería máis axeitado dicir "bono-broza", ten máis sonoridade.



Pois si, durante 45 minutos controlamos bastante ben o partido, tivemos ocasións e materializámolas. Xogamos ben, pero tampouco foi o baño que reflicte o resultado. A explicación do abultado do marcador hai que atopala no feito de que o terceiro cambio se lles lesionase ós poucos minutos de entrar. Realmente unha mágoa porque con un 2-0 e once xogadores, os italianos non iban quedar de brazos cruzados no segundo tempo. Ben é certo que nese tempo a "Vermella" (¿debería ser ese o nome en galego?) non puxo o acelerador a tope para darlle a paliza que podía ser, pero home, unha final 4-0 é algo de abuso.

Dou fe de que pola rúa non había ninguén (a falta de 2 minutos para o final) Ó rematar, todo o mundo saia a facer ruido e supoño que en Castrelos na pantalla parecería aquelo o non vai máis. Nos bares, desigual aforo. A xente non empezou a a pitar ata pasados polo menos dez minutos. Ó final gran éxito dese señor que cada vez recorda máis a Fraga camiñando, tensión nas entrevistas de Sara Carbonero (Menos mal que non houbo penalties nin posibilidades de novos twits @gracias_sara) que tivo o punto culminante na de Casillas, que casi non cruzan miradas e con todos agardando outro besito. O mellor, sen duda, cando lle pregunta "¿De quién nos acordamos?" (¿Por qué cando preguntan de quen nos acordamos nos veñen á cabeza tantas maldades?)  e roza o surrealismo co de ¿Ahora vacaciones que tocan, no? (en plan: dejate de partiditos con tus amigotes)

Como no caso do Celta, o partido máis crítico non foi o último (penso que os penalties con Portugal tiveron moitísima máis emoción e realmente se estivo máis cerca de cagala alí)

Quedamos á espera de instruccións en privado de Mr Txiki

Vale, diredes que son un cabrón, pero algún é de partirse:






Gracias Sara...