Saúdos a todos. Xa facía moito que non se actualizaba nada no blog: entre uns que andaban de viaxe polo norte, outros que foron a Cangas e que os que temos tempo non nos chegan as ganas... foi quedando o tema.
Pois nada, que seica ganamos pero non teño moi claro o qué: ¿Volverán os medicamentos ó prezo anterior? ¿Anularase a subida do IVE? ¿Des-recortaremos? ¿Esqueceremos a prima de risco? ¿Ou deixaremos de ter, como din os da galega, uns "bonos-lixo"? (Personalmente, penso que sería máis axeitado dicir "bono-broza", ten máis sonoridade.
Pois si, durante 45 minutos controlamos bastante ben o partido, tivemos ocasións e materializámolas. Xogamos ben, pero tampouco foi o baño que reflicte o resultado. A explicación do abultado do marcador hai que atopala no feito de que o terceiro cambio se lles lesionase ós poucos minutos de entrar. Realmente unha mágoa porque con un 2-0 e once xogadores, os italianos non iban quedar de brazos cruzados no segundo tempo. Ben é certo que nese tempo a "Vermella" (¿debería ser ese o nome en galego?) non puxo o acelerador a tope para darlle a paliza que podía ser, pero home, unha final 4-0 é algo de abuso.
Dou fe de que pola rúa non había ninguén (a falta de 2 minutos para o final) Ó rematar, todo o mundo saia a facer ruido e supoño que en Castrelos na pantalla parecería aquelo o non vai máis. Nos bares, desigual aforo. A xente non empezou a a pitar ata pasados polo menos dez minutos. Ó final gran éxito dese señor que cada vez recorda máis a Fraga camiñando, tensión nas entrevistas de Sara Carbonero (Menos mal que non houbo penalties nin posibilidades de novos twits @gracias_sara) que tivo o punto culminante na de Casillas, que casi non cruzan miradas e con todos agardando outro besito. O mellor, sen duda, cando lle pregunta "¿De quién nos acordamos?" (¿Por qué cando preguntan de quen nos acordamos nos veñen á cabeza tantas maldades?) e roza o surrealismo co de ¿Ahora vacaciones que tocan, no? (en plan: dejate de partiditos con tus amigotes)
Como no caso do Celta, o partido máis crítico non foi o último (penso que os penalties con Portugal tiveron moitísima máis emoción e realmente se estivo máis cerca de cagala alí)
Quedamos á espera de instruccións en privado de Mr Txiki
Vale, diredes que son un cabrón, pero algún é de partirse:
Gracias Sara...


3 comentarios:
Ah! ¿Que hubo partido? No me había dado cuenta...
Bueno chicos, este finde no hagáis planes y estad pendientes del teléfono, porque en el momento que Ely me confirme ya os digo lo que vamos a hacer (bueno, primero lo pienso y luego os lo digo...)
Non, xul, serían broza-bono, coma broza-visita, digo eu... millor que bono-lixo, seguro que soa.
Bueno chicos, el Zapafinde está en marcha. El punto de encuentro será el viernes a las 21:00 en la cafetería del Hotel Azul en Porriño, calle Ramirás 38 (http://goo.gl/maps/BJCk).
He reservado alojamiento para el viernes y el sábado a 30 EUR por barba.
En el equipaje deberéis meter toalla de ducha y de playa, bañador, chanclas y ropa de senderismo.
Tendremos que ir en dos coches así que desde aquí iremos Pan, Ely y yo y los de la costa oeste ya os ponéis de acuerdo.
Como supongo que no habrá ninguna duda, pues... hasta el viernes! :)
Publicar un comentario