22 outubro 2012

Fraga es Galicia (y ETA son los padres)

Non, non o digo eu, eso de que "Fraga es Galicia" díxoo onte Feijóo no seu discurso coma gañador das eleccións galegas deste ano. 4 anos de barra libre para facer o que lle de en gana, lexitimado polas urnas unha vez máis. Comeza o análise rigoroso e serio das ELECCIÓNS en ZAPATILLAS.



Pouco importa xa cómo se gañe. Fai anos, votaban emigrantes de 123 anos a Don Manuel, hoxe a voz denuncia o carrilaxe de votos de anciáns na Galicia profunda (e non tan profunda). O importante é que seguen gañando. Galicia é ao PP o mesmo que Andalucía é ao PSOE, e máis aló de si a xente é de esquerdas ou de dereitas o problema é outro: a xente non pensa. Vota os de sempre porque sí, tanto no norte coma no sur, haxa EREs inxustificables, traballen 14 horas ao día ou lles vaia unha marea negra que inda porriba limpan voluntarios. Hai que ser moi hoolingan para casarse co PP nos tempos que corren, hai que ser moi de Don Manuel para aumentar unha maioría absoluta.

Así que sí, Galicia es Fraga, moito me pesa pero parece que sí. Que a pailanada (o DRAG define "pailán" coma "Que ten modais rústicos e non se sabe conducir no trato social") é Galicia. Esa é a que vai votar, esa é a que, a ollos dos da meseta (eiquí é onde eu entro), "xustifica o que fai Mariano, entón está claro que non se pode facer outra cousa". Vamos, coma a irónica canción de Ataque Escampe, "Galicia es una mierda", pero sen a ironía.


Fóra, na "capital", Galicia é terra de triunfo dos axustes e recortes, é a demostración de que as cousas poden ir ben se non se despilfarra. Tócate-los. Velaí a importancia estratéxica do resultado para Mariano. É un "yes we can" pero ao revés.

Pero non toda Galicia é así.En Galicia segue a haber xentes distintas. Hai unha Galicia moito peor (sí, existe, en total son 15771 galegos moito peores: os que votaron por Mario Conde) e tamén hai unha Galicia que parece millor, ou polo menos parece disposta a rompelas reglas habituais da nosa seudo-democracia. Según uns, son radicais anarquistas, según outros, nacionalistas terroristas. Pero, ¿e se Galicia non é Fraga? ¿E se Galicia é Beiras?


Beiras, curioso, un dos fundadores do Bloque dándolle a puntilla. Capitalizando o descontento. Un tipo de 77 anos ao que lle vota a xuventude. Un político de verdade. Carismático e, o máis importante, nos guste ou non, con cousas que dicir. Como que agora xa pode morrer tranquilo. Eso nunca llo oín dicir a Fraga.

Sea como fose, Beiras arrancoulle votos aos de sempre, fracturando a esquerda máis todavía, din os analistas. Eu prefiro pensar que non lle quitou votos a esquerda, simplemenete a esquerda volve a nacer porque antes non tiña representación. E eu me pregunto, ¿onde estará Anxo Quintana? ¿por qué Jorquera non galeguizou o seu apelido? ¿por qué a xente segue a acordarse do insulto de Rosa Díez?



Por outra banda, o de que "Eta son los padres" escribiuno un columnista de EL PAÍS a raíz do comentario do político do PP, Alfonso Alonso, que dixo, en alusión aos pais que chamaban a folga en Educación, (cito textualmente): "En mis tiempos, las huelgas las organizaban los de Batasuna". O dito, ETA non existe, son os pais, que inventaron os Reises para darnos agasallos e aos etarras para que non haxa turistas en Hendaya.

A xente da meseta non encaixa que Bildu (¡¡uns asasinos consumados!!) saquen 21 escaños, e as forzas nacionalistas máis do 60% dos votos. A mesaxe está clara: hoxe mesmo saíu a noticia de que en España o 21.1% vive por baixo do umbral de pobreza, pero por comunidades pódenos dala risa. Euskadi é a "menos pobre" e Andalucía a "máis pobre". Seguramente a autoxestión dos impostos en Euskadi axudará a non estar a pré dos colegas sureños, que acumulan records estatísticos obxectivos moi interesantes, como ser unha das rexións da eurozona con máis paro na actualidade. Os cartos xestiónanse na casa. Pois claro que Cataluña quere o mesmo, ¿quen non o querería? "Galicia es Fraga".

Nacionalistas ou non, a xente está cansada, e se un partido recén creado coma AGE ou Bildu pode sacar estes resultados é que algo está cambiando. E non depende só dos nacionalismos, veremos Rosiña Díez cantos votos saca nas próximas eleccións estatais. A xente está farta. De EREs, de Rubalcaba, de que cando non temos nin un can poñamos unha embaixada nas Illas Marshall, de CR7, de que todo sexa mentira, de Pokémon, de Emperadores, de Intereconomía, dos catro chalados que van as manifas a destrozar containers, do Senado, dos cataláns, dos españois, de Mariano, da Cidade da Cultura, da lurpia que está co fillo da Baronesa Thyssen, das indemnización para os bancos e de ler esta entrada.

Agárdanse noticias frescas dende Fraga.

16 outubro 2012

Noticias semanales

Ante la inactividad del blog, aquí va un pequeño resumen de las noticias semanales más destacadas para todos aquellos que no tengan menéame o bien no tengan tiempo porque el Sr. Cortizo no les deja. Vaya por delante que todas las noticias son verídicas.

1 - Conmoción televisiva por el estreno de Gandía Shore


Chimo Bayo ya lo promocionaba, pero era demasiado para ser verdad. Cuatro tarugos y cuatro chonis liándola por Gandía. Aguanté 7 minutos antes de apagar la televisión y desprogramar la Mtv de la parrilla de la tele digital. El que quiera ver el comienzo puede pinchar aquí. No es recomendado para alguien que sufra del corazón. Si eres de un país civilizado, por favor, no nos lo tengas en cuenta.

2 - Leo Bassi ridiculiza la Ciudad de la Cultura.

Leo Bassi lleva una temporada con el bassi bus, una especie de bus con el que denuncia injusticias y privatizaciones España adelante. Aquí vemos el Bassibus en Madrid.

Pues eso, en el Bassibus nuestro particular bufón desmontó los mitos de la arquitectura y necesidad de tan insigne edificio. Pena no enterarnos, así sí que merecería la pena visitar el edificio.

3 - El actor porno nacho Vidal, en una trama china de blanqueo de capital.

Nacho Vidal es un reputado actor/empresario que, entre otros proyectos, nos cuenta su última película y su revolucionaria idea de hacer un Gran Hermano X (no, no es la décima edición) (ver a partir del minuto 2:25)


Como a todo pequeño empresario, a Nacho el gobierno le ha dado por culo (nunca mejor dicho). Lamentable, pero es lo que hay. No sabemos como un artistas de su "talla" se ha podido dejar engañar por los chinos. El caso más injusto de la Justicia actual con el de Urdangarín.

4 - Los franceses se escojonan de la peña "wanmortain".


El portero de Japón les paró todo gracias, y cito textualmente, el efecto Fukusima. AK AK AK. Que graciosos los franceses al relacionar crisis nuclear y fútbol...

5 - Agrio debate sobre el machismo en México.

El culpable es este video de Coca-Cola light. Yo la verdad me he escojonado pero dudo que en un país con zonas donde se asesinan a más de 300 mujeres al año sea tan gracioso. No, los franceses no tienen nada que ver esta vez

07 outubro 2012

Cambiando de tema

Para cambiar de tema e evitar outras confusións acéptanse novos temas: por exemplo, coches. Coas últimas actualizacións do parque móvil convén estar atentos ás últimas novidades  do mercado. Xa vos imaxino a todos agardando algunha coña máis sobre a Baioneta (con B), pero hai que evolucionar...

Atención a cando persigue a un pavo con un can... Digno de Benny Hill

Coas últimas noticias polictico/económicas a conflictividade está á alza; para enfrontar con garantías este tipo de situacións, dende o noso subcontinente favorito propoñen un novo e revolucionario concepto en canto a vehículos para desprazamentos. O Tata MBPV


Ghuapo guapo non é, pero ten un chásis...

Vehículo motorizado biplaza con catro rodas, un volante e unha carrocería pendiente de decoración. Unha proposta arriscada para poder aparcar en espacios mínimos con toda a seguridade que se precisa.
Importante o detalle do "freno de estacionamento" baseado nun calzo.

Agardamos noticias fidedignas do tema... ainda que quizáis sexa máis divertido que fagamos exercicio de interpolación.... Por certo, mensaxe para o que quería o coche de Rafa Nadal: este é o coche de don Rafael
Manolo, todavía hai sitio ou xa paro aquí? que con estes espellos non vexo... 
Como mola o meu Kia


01 outubro 2012

Corramos un tupido velo...

Bueno chicos, pido un poco de calma y dejar toda esta polémica de lado para no romper ningún lazo amistoso. Bien podemos cambiar de tema y tratar de algo más trivial. He pensado que como los preparativos del Cheriff están a la vuelta de la esquina podíamos hablar de cine; ¿habéis visto la última de Xurles Gonzaplin?



NOTA: Este fotomontaje está realizado únicamente con imágenes públicas y sin utilizar ningún nombre real de parroquianos.