07 outubro 2012

Cambiando de tema

Para cambiar de tema e evitar outras confusións acéptanse novos temas: por exemplo, coches. Coas últimas actualizacións do parque móvil convén estar atentos ás últimas novidades  do mercado. Xa vos imaxino a todos agardando algunha coña máis sobre a Baioneta (con B), pero hai que evolucionar...

Atención a cando persigue a un pavo con un can... Digno de Benny Hill

Coas últimas noticias polictico/económicas a conflictividade está á alza; para enfrontar con garantías este tipo de situacións, dende o noso subcontinente favorito propoñen un novo e revolucionario concepto en canto a vehículos para desprazamentos. O Tata MBPV


Ghuapo guapo non é, pero ten un chásis...

Vehículo motorizado biplaza con catro rodas, un volante e unha carrocería pendiente de decoración. Unha proposta arriscada para poder aparcar en espacios mínimos con toda a seguridade que se precisa.
Importante o detalle do "freno de estacionamento" baseado nun calzo.

Agardamos noticias fidedignas do tema... ainda que quizáis sexa máis divertido que fagamos exercicio de interpolación.... Por certo, mensaxe para o que quería o coche de Rafa Nadal: este é o coche de don Rafael
Manolo, todavía hai sitio ou xa paro aquí? que con estes espellos non vexo... 
Como mola o meu Kia


5 comentarios:

sibarita dixo...

cri, cri, cri...

prroteño dixo...

xa sabemos que eiquí non hai usuarios se non nos quitamos os ollos... en fin, a xente fala de telecinco pero vaia pena.

Unha mágoa non ver antes o novo modelo de TATA, pillábao fixo, e mercaba unha leira con viñas ou cebá (parece un tractor caralludo).

Eu xa ando calentando motores para o BierZoo. O xoves chegarei tarde á festa do baixo do funkillo. O venres a ver se tomamos un café por ahí cos dispoñobles.

ELY dixo...

Enton o Pan vai comprar un Astón Martín, e o Kopy tuneou o Tata, pondolle un segundo foco e fiestras...

prroteño dixo...

e rodas, ely, rodas. Tiña só dúas (na parte de diante)

panfidalgo dixo...

GaUsS> moi boas, no meu caso, con esto das eleccións, movernos á Cidade da Cultura e que algúns servidores teñen otitis... levo unhas semanas de moito traballo, mandei un mail pero por se non o vedes:

a. tamén me sumo a festa funkillil
b. son baixa para o do BierZoo
c. kia... kia... déronme o presuposto do novo ceed tras o plan pive... 200 €uros menos que antes do plan.... wtf !!!
d. dende que vin o aston martin dv9 coupé (moito máis barato por ter tres portas) non agardo outra cousa de papa noel.

forza e xa nos veremos por ourense os que non visitamos terras leoninas !!