Coma reporteiro especial dende Cuenca, adiántome a ofrecervos unha pequena guía do que non debedes perder o martes que ven na primeira das semis:
Azerbaiyan: Duelo de titáns entre un castrati e un azerbayano de verdade. Por suposto, a virilidade representada por un demo e a homosexualidade por un anxo. Ratzinger non é azerbayano (¿qué é azerbayan?¿cantos países se inventan para eurovisión cada ano?)
Bosnia:O rival a bater coa famosa galiña irlandesa. Un puñao de gichiños disfrazaos de monicreque onde destaca entre todos o "artista". De pequeno non tiña amigos e por eso parece perturbado. Unha ameaza.
Estonia: Europa do leste sempre da xogo: cachondas, bandeiras e o José Oneto estonio marcándose un baile que nin dios. Penso que é imposible non rir co video destes tipos. Outrs que, como pasen, pásannos por riba.
Finlandia: comeza o video. Suponse que un lóstrego traslada ao grupo dende o ano 666 a actualidade. Mentira!! Veñen de máis ou menos 1984, cando eran teloneros dos escorpions. Coma non, tamen hai cachondas ao final do video: estrippers profesionais (en serio) ás que lles meten cartos no tanga. Menos mal que esto xa está visto.
Irlanda: o verdadeiro adversario. Alguén dixo que era unha galiña. É un pavo, un pavo bakala, que ten unha voz tan desagradable coma o Pan. Xa sabemos que chikilicuatre só pode ser segundo se este tipo pasa. Ademáis, canción con mexase: fixádevos no título. Asoballando!!!
Montenegro: Stevan Filipovic (Flipao para os amigos) representa o cupo de 5% de descapacitados. Non sabe poñerse un xersei e non sabe se canta heavy ou pop. Leva peloca? Admítense apostas.
Calqueira destes que non pase á final deixaría de mostrarnos un grannnn espectáculo....
Espero aos vosos favoritos.
O mércores informaremos de novos países semifinalistas do xoves: Islandia ou Bulgaria tamén son ameazas.
6 comentarios:
Na páxina da tve1 de onde saquei os videos hai bamdeiras para canapés, disfraz do chikichiki e plantilla para puntuar.
Unámonos na distancia.
Fai o friki
Isto si que anima un luns... chegar ó traballo e ver esa panda de frikis... cando remate neste curro xa sei o que vou facer...
a. ir á fábrica de pegamento imedio...
b. pechar as ventás.
c. respirar profundamente
d. ir ata bosnia.
sintoo por buenafuente, pero o de bosnia é a mellor "performance" que recordo... ata contrataron a Helena Bonham Carter de bailarina... e a Tim Barton coma coreógrafo.
O mellor que lle pode pasar o amigo txiki-li-4 é que o galo negro ataque a unha das súas bailarinas e coma represalia txiki-li-4 arranquelle a cabeza o cantante de bosnia.
CONFLICTO DIPLOMÁTICO XA!!!!
QUEREMOS SANGUE
Estou co Pan. Bosnia é un ha potente ameaza... se os putos serbios a houbesen invadido fai anos... agora qué??
Por certo, kosovo non participa...
hehehe
xa vos dixen eu que o bo está nas eliminatorias. Recomendo a experiencia de cear vendoo :D
Dame algo de pena irme adiantando vendoo así, pero...
Esto, recomendo tamen a grega, ou como se pode facer un video con presuposto baixo(de todolos xeitos o realizador non lle quere moi ben)
http://www.youtube.com/watch?v=8MVqbovtL7k&feature=related
Ah, non nos debemos esquecer dos gregos que actuaron antes da gran, gran, gran(incluso XXXL) Rosa de SSSpaña:
http://www.youtube.com/watch?v=HOTaPL1bw7E&feature=related
¡Que coreografía!
¡Que vestuario!
¡Que canción!!!
¡Que collóns saír así diante de media Europa!!!!
Boas e malas noticias logo desta semifinal:
-Os frikis de Bosnia (favoritos do Pan) están dentro da final. Ademais TimBurton mercou os dereitos das persoaxes para facer unha peli con eles. Tamén pasou a cachonda de Grecia (favorita de Simón) e os hevis auténticos (non levaron as strippers, pènso que o reservan para o show da final.
- A cousa pinta mal. O público silbou a galiña (perdón ao pavo) e tamén silbou a José Oneto Estonia a pesares de que as cachobnas estaban todavía máis cachondas en directo. Nigún dos dous estará na finalísima (lóxico, a verdade e que o da gaiña deume ata a mín vergoña allea). Se se cumplen os pronósticos, os abucheos para chikilicuatre serán unha realidade o sábado. ¿Onde está o sentido do humor?
- Novos frikis: Non perdades o sábado a actuación de Rusia: levan ao cantante máis famoso do país, a un tipo con un stradivarius valorado nun millón de euros e... a Evgeni Plushenko, patinador olímpico ruso (un tío moi famoso, buscade senón imaxes na web) con medallas e todo. O tipo dá voltas ao redor do cantante no final do tema... momentazo.
copy-&-paste do mail que vos mandei:
sobre a priemira eliminatoria... o pavo foise fora, pareceme que este ano o que vai triunfar son as cachondas, e entre tanta rubia siliconada eu prefiro unha morena
viva honduras... digo viva armenia !!!!
Resumen primeira semifinal: Gisela y el Pavo Dustin, eliminados de Eurovisión
Arminia POWER (21 anos... angelico)
Malos tempos para os frikis
Publicar un comentario