09 xaneiro 2020

Zapafinde Brainstorm

Eu non quero condicionar ó organizador do Zapafinde, peeero algo vai pasar nestas datas nestes lugares...

Mar. 26 - El Paso, TX
Mar. 28 - Las Cruces, NM⠀⠀⠀
Mar. 30 - Phoenix, AZ⠀
Apr. 10 - Indio, CA (Coachella)⠀⠀⠀⠀
Apr. 17 - Indio, CA (Coachella)

Ninguén ten estado no Hall of Flame Fire Museum ou no Mesilla Valley Bosque State Park

Pra que non todo sexa menear o cabezón...



E senón, sempre nos quedan os xogos olímpicos!!

Resultado de imagen de madrid 2020

03 abril 2016

knock, knock, knock, Penny!

Ó fío da parola sobre seguridade no bloqueo dos móbiles quixera aportar un involuntario descubrimento cos teléfonos de LG: o sistema de Knock code. E como unha imaxe (en movemento) vale máis que mil palabras...










Usade sempre responsablemente a tecnoloxía, non para facer os desaguisados da xente dos vídeos!!!


12 xaneiro 2016

Hoxe á mañá na radio galega...

True story, colega: saio do túnel da cañiza e a canción do día é esta.



Que o locutor lle mande un Feliz cumpleanos, Zack de la Rocha a esas horas da mañá non ten prezo.

@Eliseo, non puiden evitar acordarme de ti.

05 agosto 2015

Zapafinde 2k15

Disque este ano vai a haber moitas novidades... e non só no Zapafinde.

05 marzo 2015

Alea iacta est

Efectivamente chegou o día no que alguén será iluminado, (pinga fría de suor, calafríos...)

David Rubin Comics Art

O ansiado momento dilatouse bastante no tempo, para ser exactos 218 días dende que o Monster taxi fixo a súa última entrega.

Pero a decisión final xa está tomada e non ten volta atrás. Grande responsabilidade recae sobre o novo iluminado, o Zapafinde 2015 xa está aquí e o chiste fácil tamén...Parabéns ao organizador!

19 febreiro 2015

Difíciles decisións...

A pesar do caracter humorístico do asunto, pregamos máxima seriedade. Que non vos deslumbre o formato, nos comentarios pódense aportar ideas e a DECISIÓN FINAL deberá ser tomada en unha semana e media como máximo.



09 febreiro 2015

VI CHERIFF

Ya sabéis que debido a la ausencia de acontecimientos relevantes en el grupo (bodas, embarazos, luchas contra el yihadismo, viajes intercontinentales...) este blog ha experimentado un parón informativo. Pero esto se ha terminado debido al más importante evento anual: El CHERIFF.


Todo un día dedicado al buen cine y a la buena alimentación, que nos ha dejado los siguientes resultados:

- La isla mínima: 7,43 (Eli) - Premio del Público
- Predestination: 7,17 - (Pan) Premio del Fascista
- Headhunters: 6,80 (Funki)
- Exit Through the Gift Shop: 5,27 (Kopi)
- Babadook: 4,10 (Patri)
- HK Forbidden Super Hero: 3,91 (Diego)

El Chiqui me ha dado el premio fascista por no dárselo al Funkillo...¡Y LO SABES!



Y sin más, doy paso a la multitud de comentarios que habitualmente inundan cada entrada de este blog, entre los que espero se encuentre el tradicional resumen del Antichiqui que puede arrojarnos algo de luz a lo acontecido en esta sexta edición del CHERIFF.

ACTUALIZACIÓN: Podéis ver el Making-of del VI CHERIFF en el siguiente enlace: https://vimeo.com/123038074

14 setembro 2014

Altius, fortius, citius...

Fieles ó espiritu competitivo imperante no grupo, presentamos o resultado preliminar da discusión no Bus do Viño de Beiro sobre os puntos máis lonxanos visitados polos parroquianos do grupo. Algúns están claros, máis en outros a discusión está aberta...



  • Punto máis Oriental: Recientemente actualizado, desplazando a Prolman coa súa visita á Moscova/Turquía, polos viaxeiros que acadaron o País do Sol Nacente. [Liña cor Cian]
  • Punto máis Occidental: a pesar do que diga o Txiki, os que chegaron ata Seattle foron máis á esquerda. [Liña vermella]
  • Punto máis Meridional (cara abaixo): TxikiTruelas gana por goleada, chegando ata Bos Aires (dende a Avenida de Bos Aires) [Liña Verde]
  • Punto máis Septentrional (isto é, o máis arriba). Sobre esto hai máis discusión: unha vez aclarada a miña dúbida sobre Moscova, sábese dunha expedición á terra dos Gamalost, pero tamén Bras percorreu Finlandia na parte onde linda con Rusia e Suecia... Haberá qe indagar máis. [Aprox, liña naranxa]

  • Punto máis elevado: En disputa tamén polas persoas que subiron ós Alpes e Pirineos. A subida ó Teide non acadou un nivel suficientemente representativo por non dar subido co funicular...
  • Punto máis baixo: Os visitantes do Death Valley semellan rebasar ás terras máis baixas de Holanda (coas dúbidas de Txiki de por medio)
De todo isto conclúese que o premio "Tío Matt" ó máis viaxeiro é para Mr Kopi



A categoría de maior velocidade de desplazamento non puido ser determinada...

25 agosto 2014

Temporada baixa...



Ainda que se podía falar de fútbol, dado que empezou a Liga...

30 xullo 2014

Parece que fue ayer...

Como dirían os Suaves, cómo pasa o tempo:  Un finde de parranda  e paparotas  por Riberia e xa parece que foi fai mil anos. Un finde onde descubrimos que a perfección se atopa moi preto de nós.






Eu xa estiven uns días (a penas unha semana) de recollemento e exercicio espiritual polo pobo. Agora,  toca roer choio...

Moitos e bos desexos ós viaxantes da pandilla






Tanto ós que van lonxe coma os que van máis preto...


Ou a sitios bailongos...




Ainda que este ano non poida ir coa cabeza tan alta coma outras veces...


Pd-. Noraboa ós que este ano cambiaron de boss... podía ser peor!



PPD-. Para os menos enterados, déixovos a canción deste verán. E non, no a inspirou tragavivos...



03 xullo 2014

Zapafinde 3.0_v4.0 [Anulacións oficiais]

Apoiado polos apupos do capitán Rancio vou confirmar a primeira actividade que se cae do programa. Actividade oficialmente anulada por motivos alleos á organización.

Winter is coming...

Se ve que a organización non lle levou ovos a Santa Clara e logo pasa o que pasa. Isto non o arregla nin Pemán




A verdade é que esta á unha oportunidad para múltiples actividades:

  •  Amenas charlas en lugares (espiritual e literalmente) elevados


  • Rafting



  •  Actividades aéreas



  • E, como non, puenting

29 xuño 2014

Falsarismo galopante



Esto valen as promesas de organizadores de eventos globales... nin "novos" videos con Dimitri facendo das súas nin reglas, pistas, despistes do ¿inminente? Zapafinde...



¿Será o video-realizador capaz de subir outro vídeou?

A pesar de todo o chapapote discursivo de entradas previas, ¿Qué concerto iremos a ver?

¿Concierto de Inverno?

¿Concierto de Verán?

E a única concesión ós requisitos será aprender ben este Xesto ajedrecístico

Zapafinde 3.0_v3.0 [Preparativos]

Acércase o día e faise necesario mover peza neste zampafinde edición metal
Cóntovos:
Vamos a poder competir contra os mellores e máis cualificados rivais dun xogo que todos coñecemos


Ide ensaiando os vosos mellores e máis estéticos xestos


Vamos a camiñar moito, tanto por terra como por mar.

Pero non vai a haber aparición estelar do capitán españa
Penso que con estas indicacións podedes preparar a maleta sen ningún problema.

Inferno non esquezas traer o lápis para facer os teus afamados retratos. Home plumífero, se finalmente podes asistir non esquezas as túas mellores galas.
Vou a pasarvos un privado en breve para ingresar diñeiro para o bote, que non quero escapadas de última hora que nos fagan apoquinar aos demais.
E por suposto, non fai falta que o diga, podedes preguntar calquera dúbida que se vos plantexe

15 xuño 2014

Zapafinde 3.0_V2.4 (a prueba derrones)

Estade atentos o video publicado polo Canal Illo.

08 xuño 2014

Zapafinde 3.0_v2.3 [Posibilidades Posibles]

Compañeiros nunca o blog foi tan prol-ífero, nestos momentos non sabedes en que entrada comentar, estades desbordados. Esto é como o Salmón de Calamaro, 5cds con 103 cancións e todo no mesmo momento.


Despois de ir e degustar o Fetichismo I Vicio, vexo que neste 2014 todos os grupos españois que sacan novos temas falan do mesmo nalgunha das súas cancións. Tardaron bastante en apuntarse ao oportunismo do momento, pero agora xa non fai falta utilizar metáforas, pódense dicir as cousas directamente que á xente eso gústalle e eso é o que vende...

Amaral FIV Ratonera 2014, van directos tanto na letra como no vídeo


Non son os únicos, Love of Lesbian 2014 tamén van directos:


Estos pretenden ser un pouco máis poéticos pero van ao mesmo. Vetusta morla "La deriva" 2014:


Ornamento y delito, que non os coñece ninguén pero tampouco se cortan un pelo "El espíritu olvidado" 2014


Tamén Los niños mutantes "El futuro" 2014


El columpio asesino "Ballenas muertas en San Sebastián" 2014


Era visto... si é que xa o dicían Los planetas no 1999


Aínda que non esquezades que cada un de nós escoitou a chamada:


Algo desto sonará (...) no Z3.0
... que será será...
Xa estades aturdidos? Ou teño que seguir?

07 xuño 2014

Zapafinde 3.0_v2.2 [Apostas pendentes]

Exercicio de memoria colectiva

Zapafinde 3.0_v2.1 [Aplacando hipóteses]

Como ben sabe o matapaquidermos protagonista de existosas entradas deste blog hai determinados momentos da vida nos que é necesaria unha aparición pública para darlle continuidade ao asunto.
Están chegando aos meus oídos rumores de que hai sospeitas do destino do zapafinde 3.0, estou seguro de que este ruxe ruxe acabará en apostas innecesarias que debemos de evitar. Digo debemos de evitar tras unha reflexión profunda da que me gustaría facervos participes: penso que o número existente de apostas pendentes de resolución e apostas pendentes de pago xa son suficientes e incluso dan para un novo post. Convídovos a que cada un faga un exercicio de memoria (é bon para a prevención do alzheimer e do parkinson) e escriba na seguinte entrada sobre apostas pendentes.
Voltando ao tema do titular e sendo consecuente co escrito no anterior parágrafo, SI, estades pensando ben, vou a desvelar o programa do Z3.0 ou polo menos parte do mesmo.

Se queres que siga sendo un misterio para ti e así desfrutar da emoción da sorpresa deixa de ler aquí, se queres poder facer apostas cos teus amigos deixa de ler aquí, se queres que non te siga vacilando deixa de ler aquí...non te adentredes nos comentarios.

05 xuño 2014

(Siguen) Pintando Bastos








Despois das últimas novas que van facer que cambie o patrón de algúns parroquianos, a recomendación do día é practicar o seguinte xogo: