
Menuda pasada! Estivo caralludo: turismo de dia e sair pola noite; con dias de 28 horas todo é posible. O mellor das visitas pa guiris mesturado co mellor da "spanish fiesta" polo mundo adiante...
Nesta foto acababamos de levantarnos pra unha viaxe e palmamos o bus: volta pa casa a jalar algo de desayuno(ainda nos duraba...)
9 comentarios:
efectivamente, na foto tes a pose de "xulián enchispao" (que a veces se confunde coa de "o señor xulián"). Alegrome de que o pasaras ben por Alemaña. Agora coidao cas riadas.
Así q xa volvimos case todos, agora tócalle arrancar a Eli.
Eu en Porto moi guai tamén, os resultaos deportivos da Uvigo nn foron todo o q se esperaba e quedamos 5º ( de 6 universidades) Pero na competisao por desportes individuais o tandem Antuno/Nogueira mostrouse intratabel e dominou a proba de cabo a rabo JA!
Saúdos
pd- esta finde quedo en Po
buah! q morto está esto... como lle curramos!!
e xa está??? nonseicuantos dias en bavaria e o unico que dis e que te chumaches e pouco mais. Nin cidades visitadas, nin ostias. Asi esta a sociedade chea de zascandís... a ver se contas algo!!!!
hoxe e un dia funesto. Acabo de descubrir o peor da miña nova vida. É unha gozada o de cobrar a fin de mes e todo eso, pero hai cousas que non paga a pena, que non valen nin todo o ouro do mundo. Non falo de aturar algún futuro obreiro da construcción, nin de correxir exames, nin de aguantar ao orientador, nin nada deso; falo dalgo que é muito peor que todo iso, algo que representa o traballo mais noxento da vida diaria dunha persoa normal: pranchar (pasa-lo ferro, como diría quintana). Púsenme música, relaxeime e intenteino, pensaba que levaba mil anos pasándolle o ferro a camisolas, pantalós e demais trapitos pa ir decente ao insti... e levaba tres cuartos de hora!!! e so pensaba en tirar o ferro pola fiestra e incinerar toda a miña roupa, hostias!!!
Boeno, logo deste arrebato, vou ver se me tranquilizo e sigo outro rato antes de ter ganas de asasinar a alguén. A ver se lle dades vidilla a este foro ( o alemán celeste onde anda???) (e o nietísimo do escritor que lle da o nome ao meu instituto???)
Teño as fotos colgadas en fliqr(ou como se escriba) Para velas tedes que darme un mail voso e xa vos invito a velas.
Pois si, eu xa tou en ritmo a ver se liquido esto dunha vez. Vin o sábado a Iria Fírvida, que seica tamen é asidua de este blog, pero non publica nada :( Joer, e na mesma noite atopeime co Antuno que me contou a mesma xogada...Ahi, vendo os toros dende a barreira... Comenta algo, ainda que sexa de futbol. Por certo, hoxe hai outro derbi en Balaidos: Celta vs Fener-bache(outros turcos...)
Como che comprendo Kopi..e eses calores que se te poñen na cara, e despois a rabia que che da que apareza unha raia nova, das que non tiñas antes, e nalgunha parte na que non a querias, e despois e a típica que para desaparecer necesita mais lavados co farmatin; pero bueno pode ser peor,un novo stampdao ca forma do ferro ou un bonito respiradero...
O derby, creo que esta noite o gañamos os turcos, duas derrotas seguidas..aparte que non é o mesmo Cagarros que Zico..
Bueno eu nuhas horas volvo para Xenova, sempre e cando o temporal me deixe, asique ata mais ver, pasadeo ben nesta ponte, o funcionario que deixe de putear os alumnos, e ide pensando que xa esta preto a festa no Xesteira, temos que ir comprando a entrada que a lo mellor este ano fan algunha menos que o ano pasado, e a ver se imos quedar sen elas :)
Planchando?ti?...algo está cambiando.De todas formas
sempre pode ser peor, imaxínate ter q planchar camisas!!
Pd1- Boa viaxe Eli (por certo a túa colega de Piza veu a xogar ao futebol a Porto...Uvigo!!)
Pd2- Voto xesteira
Pd3- Celta!
Se pensades en serio ir outra ves ao xesteira é que non aprendíchedes nada. este fin de ano cae en domingo. Así que o sábado 30 é un día caralludo pa montala. No xesteira se queredes. pero o día 30.
Publicar un comentario