27 xaneiro 2007

Ala foi PPLois

Pois si rapaces, chegoulle o día D.
Saiulle todo caralludo, unha boa presentación, un tribunal algo papahostias pero que ó final se portou e pinxillos
Pódese observar na foto a Antonio sacando proveito dunha habilidade única: sempre é capaz de cerrar os ollos para unha foto(é máis rápido có obturador...)
Ah, vale, o proxecto era unha movida para permitir que un correo electrónico inclúa un mensaxe de voz e este sexa accesible directamente dende o xestor de correo, por un teléfono, ... bueno, para máis explicación chamar á empresa onde curra(moito)
Jeje, veulle o xefe(que tamen era tutor) á presentación, e ó final, cando xa marchaba pa empresa, parecía que lle estaba dicindo a Jose:"Muy bien, Sr Gil, ahora solo tiene que recuperar todas estas valiosas horas de trabajo" Jeje Non se pode falar moi alto, hai que por as barbas a remollo xa!

Ningún comentario: