Como hai moito que contar imos a contalo todo por capítulos. Neste primeiro chapter imos falar da impresión que me
causaron os tres primeiros viaxes en avión que fixen na miña vida e que espero que non sexan os derradeiros por que me
gustou bastante a experiencia.
point one. santiago Flughafen.
==============================
Despois de ler os posts que puxestes esperabame unha única habitación cun garda civil acompañado soamente pola cabra, que
sería a encargada de revisala equipaxe, pero a verdade é que o aeroporto de santiago deume moi boa impresión, aínda que
polas horas non acompañaba moito porque as 11.30 da noite excepto o 24 horas coa comida/bebida mega-cara o resto estaba
pechado.
Para factura-las maletas non houbo moitos problemas: entre 8 e 12 posibles mostradores dos que soamente 3 estaban abertos
e eran todos para o meu voo. Unha televisión pequena, tal como dixo elisardo, indicando o número de voo daslle os
billetes e volves a tomar un café para esperar que abran a porta de embarque.
Na porta de embarque non moitos problemas, non lles puxen cara de "ti non tocas o licor café" e non houbo pitidiños de
ningunha clase nin cacheos aleatorios a muhamed.
Deste point destacar a cantidade de persoas que viaxan ou con portatil ou con pda. Vai ser que a tecnoloxía sí serve para
traballar.
point two. first fly.
=====================
O viaxar de noite é moi relaxante. A descripción do proceso que fixo o amigo elisardo foi exacta, lástima que a
explicación de como por o chaleco fora en video e non en vivo. :-)
Técnicamente a viaxe era nunha mala noite, chovía e facía vento (piloto dixit) pero tando o despegue como a aterraxe como
o resto do voo foi mansiño e moi tranquilo. Impresionou que os vintetantos minutos do voo o piloto solta: "...alcanzados
los 800 km/hora, un poco por debajo de lo normal, hemos dejado atrás la ciudad de Oporto...", impresionante.
Por último cando Elisardo dixo que o comandante/azafatas falaban en varios idiomas mentiu, falan en castelán e despois
din algo completamente inintelixible (como cando falas rápido e non queres que che entendan).
point three. Las Palmas de Gran Canaria Flughafen.
==================================================
Este é o aeroporto que menos puiden visitar, chegamos con todo pechado(3:30) e fomonos con todo pechado (6:50) dende logo
é moito maior que o de santiago, o que chama a atención son os carteis de información. Exemplo:
Gepäckstück
luggage/baggage
equipaje
sempre nese orde, os visitantes españois son os 3 en importancia. (confirmouse xa en gran canaria). Na volta a
facturación e o embarque foi algo máis difícil, moitos mostradores e moitos voos, pero a sinalicación nestes sitios é
maravillosa. (ata ese momento)
point four. second fly.
=======================
Por fin vemos o mundo dende arriba. Impresiona, sentíame coma paco martinez soria, como se vai levantando e como ves
dende arriba o paisaxe, como deixas debaixo algunhas nubes que parecen pintadas, completamente irreais... quero ser
piloto... snif snif.... Como o primeiro voo tanto a aterraxe como o despegue como o voo foi lixeiro levadeiro e moi
tranquilo.
Cousas destacables: o ruso que tiña o lado. Tomemos o irmao do Yonko como unidade base de medida pois para facilitar o
amigo sexador a imaxe do meu compañeiro de viaxe diremos que:
ruso=1.5*[irmao_do_yonko]
se algún de vos viu danko, calor roxo creo que o amigo
goberneitor pelexou cun tipo igual o principio da peli na sauna rusa... mama que ghixho, estaba lendo un libro (en
cirílico of course) e a súa palma da mao era tan grade como o libro aberto, menos mal que ninguén lle abre a porta....
point four. Madrid Flughafen. T2 alias "Ramses II".
===================================================
Estivemos 6 horas como pasaxeiro en tránsito polo que non esperedes unha boa impresión.
Lugar: excesivo. Esperaba que fora grande pero a verdade que non tiña ben tomada a unidade métrica: intentei chegar dunha
punta a outra pero a verdade e que "va a ser que non", eu estaba o final (onde as tendas) e indo cara o principio chegei
ata a letra b, pero negeime ir ata a porta a.1.
Información: errónea. No noso voo soamente coincidía o número, nin o nome nin o horario e as señoritas (estraxeiras) de
información de spainair a eva so lle dicían: ten que coincidir o número e o horario, se non coincide o horario non é o
seu (de usted) voo. Cando faltaba unha hora fun preguntar eu, e depois de insistir en que eu estaba bastante seguro que
o panel estaba mal, e despois de fager algunhas chamadas infructuosas, remitíronme a porta de embarque, porque eles non
estaban seguros.... gran información, si señor, se lle facemos caso aínda estamos en Madrid.
Para comer, tal como dixo o amigo sibarita, tiñamos varias opcións, ningunha boa e ningunha económica, o final
inclinámonos pola mini-pizzería, eva quería comer de plato, pero eu tamén me inclinaba polos bocatas en bagette de 4
Euros.
Cousas que podes facer tirado nun aeroporto durante tanto tempo:
a) durmir: imposible, os bancos son terribles.
b) pasear: non hai nada que ver.
c) matar as rapazas de información de spainair, moitos problemas ó facturar.
d) ver os rapaces do etnic de bilbao xogar coas latas e falar en castelán (ese idioma invasor)
e) ver a toma de posesión de espe en telemadrid.... SIIIIII
Aprendín despois de esta experiencia que non é bo que esteas coma pasaxeiro en tránsito durante máis de 2 horas. Como non
saimos da terminal non houbo que pasar polos controis de policía. Lástima.
point five. third fly.
======================
Puto piloto. Daban ganas de berrarlle: "gañán onde conseguiches o carnet de pilotar!!!!!!!!", aquelo parecía unha montaña
rusa, se hai premios a pilotar ese home non gañaba seguro, o aterrizaxe igual de mal, o despegue correcto. Neste viaxe si
fixeron a perfomance de como por un chaleco. moi graciosos. Aquí xa botaba de menos o ruso.
Foi a viaxe que se me fixo máis longa (e curiosamente en tempo foi a máis curta). Como nota curiosa o piloto debeu dicir
que iamos tomar terra cando aínda estabamos pola provincia de ourense, concretamente nalgún lugar do cañón do sil, que
daban ganas de dicirlle non me jodas máis o estómago e deixame aquí.
point six. Vigo Flughafen. sehr kleiner Platz.
==============================================
Vale, o amigo sexador ten razón, parece un aeroporto de xoguete, so faltaba a cabra. E tan pequeno que non vale a pena
nin comentalo.
posdata 1: mandei o dvd antes de irme para canarias, confirma que non se quedou con él ningún carteiro amigo sexador.
posdata 2: as cervexas son como os números enteiros, non lle gustan os decimais.
posdata 3: o final non cumplín as deutch-expectativas e non puiden presentar (I need his signature) asi que a persoa que
me pregunte que tal o proxecto, mordolle a fígado.
8 comentarios:
jeje, moi boa esta entrada!
Xa che dixera que o mellor no tránsito é ter algo que ler para aburrirte algo menos. En canto ás pantallas e os nomes... tio, tes que ir con moita paciencia. Eles son os primeiros interesados en non deixar a ninguén(que pagou o billete) en terra. Claro que tamén entendo que non quixesen que te chamasen por megafonía: "Herr Pan, bitte" ;)
O de viaxar en avión non é tan terrible, pero pensar que hai quen o fai por pracer...
1. Por que cojones escribides en aleman?
2. deutch quere didir Deutsch?
Cada ves que escoita a alguén falar de Barajas póñome cachondo... Pan, tas dacordo en que é máis grande que panamá?? De todas formas o que destaca do sitio é a cantidade de información errónea que te poden transmitir en cuastión de milésimas de segundo.
A mercancía xa chegou e xa está cotejada. Hai que did¡cer que son os millores capítulos da temporada!!!! O peche dos últimos dous capítulos son, simplemente, historia da televisión.
E o do neno alemán é moi friki, pero rinme moitísimo!!!
hola hola:
¿Ha notado pesimismo en torno al club?
No, para nada. A pesar de mi cara, soy muy optimista.[Lotina, esa frente]
contestando o amigo pancho:
1. o meu director é alemán e tanto xulian coma eliseo coma min interesamonos nese maravilloso idioma.... a verdade e que é unha coña que nos traemos. Da gracias que non se nos da por escribir en hindi.
2. Sip. escapouseme a s. pero que conste que aeroporto escribino ben.
estou co amigo sexador (no de lost pero sobre todo no da T2). contando que polo menos existe ata a T4, se todas as T son iguais MI-MA, de todas maneiras neste blog escriben persoas máis viaxadas ca min, que visitaron aeroportos máis importantes, asi que fagan eles a comparación.
veña, vou afiar o coitelo que teño que esfolar a un deut-s-ch [sempre quere que faga cambios]
Hoxe me dan as vacacións!!!
Non volo poño para dar envexa, pero o certo é que dende que o curso está rematando teño a sensación de ter o millor traballo do mundo. Gústame o que fago, os alumnos están encantados comigo, parece que no meu deparatmento fago ben as cousas... esta última semana ata dá un poco de pena se realmente marcho para o ano a outro sitio.
Levo de cenas e cousas destas toda a semana, e que sepades: non cambia nada respecto as cenas de fin de curso... na última cena de profes tamén hai esmorga de sinceridade, frses "tio eres o millor colega do mundo", profesores que acaban na mismna piltra... jejeje, realmente é todo igual que cando tiñamos 18 anos, só que agora vexo os touros dende a barreira.
O xoves estou ahí!!!!
tes razon. é unha coña ben simpatica. Espero que algun dia me invitedes a participar.
conques. a ver se me agardas por ai. Eu chego o 16
Yo no se a que clase de cenas de clase ibas tu, realmente...y dios para que nos lo has contado, ahora me estoy imaginando al Rojo tirándole los tejos a la Dora (bueno esto es de coña, que alguno es capaz de darle la dirección al Luis..)
Y por cierto señor proyectista, se puede saber donde o en que, quieres participar?
Pues nada hasta el jueves entonces.
a ver se prestamos atension
Publicar un comentario