04 xaneiro 2008

1ª frikiolimpíada (Torneo Zapatilla Nadal 07)

















Nesta entrada iremos poñendo os resultados obtidos nas distintas probas polos cinco participantes do primeiro torneo Zapatillas!!!!

Saúdos aos participantes oficiais Ely, O Estudante, Txiki, Kopi e Funkillo.

















10 comentarios:

MathQenK dixo...

Primeira proba:dardos (2 de xaneiro)

Nesta primeira olimpíada os participantes non pensaron ben en que modalidade de dardos participar e finalmente se decidíu o criket. A partida empezou de cara para Kopi acertando en varios números; sen embargo este xogador pronto foi sendo sobrepasado polo resto de participantes agás Ely, que foi o convidado de pedra da proba.

Cara a ronda 13 o grupo de cabeza estaba formado por Txiki, o estudante e funkillo. A estratexia dos tres resumiuse en meter tódolos pnto posbles na casilla 15, posto que Ely tardou moito en cerrala. Unha vez que a opción de meter puntos rematou, funkillo estaba na cabeza, cousa que lle propiciou a victoria final aínda que txiki foi o primeiro xogador en rematar de pechar tódolos números.

Así pois, pódese falar de srpresa, pois o favorito (txiki) non só perdeu a medalla de ouro, senón que cedeu tamén o segundo posto ao estudante, sen dúbida o xogador máis regular desta primera proba.

CLASIFICACIÓN FINAL:

1-. funkillo (6 puntos-ouro)
2-. o estudante (4 puntos-incienso)
3-. txiki (3 puntos-mirra)
4-. kopi (2 puntos-pau)
5-. ely (1 punto-premio gracita)

Acordouse que nas seguintes frikiolimpiadas se xogue na modalidade criket feroz, para que xogo non depende excesivamente dos xogadores descartados.

O record actual está, pois, na penosa marca de 23 rondas para rematar xogo, lamentabel plusmaca que indica a rancia preparación dos participantes para a olimpíada.

MathQenK dixo...

Segunda proba: bolos (2 de xaneiro)

A segunda proba empezou con polémica, posto que a orde de participación a decidiu funkillo e ademáis este participante cambiou de nome, pasándose a denominar junkillo.

A partida, en realidade, se dividiu en dous; por un lado, o grupo de cabeza, comandado nas primeiras rondas por ely co junkillo e txiki pisándolle os talons, e por outra banda os mediocres kopi e o estudante que en ninún momento deron mostras de saber pintar algo nesta proba.

Finalmente, e nun apretado final, ningún dos tres de arriba fixo a súa última baza espectacular, adxudicándose junkillo a proba por diante de txiki (dando mostras de unha debilidade mental incipiente) e de ely, cunha diferenza de poucos puntos entre eles.

En canto aos farolillos, a emoción foi máis se cabe, pois a diferenza entre ambos foi dun único punto.

CLASIFICACIÓN FINAL

1º junkillo (6p-ouro)
2º txiki (4p-incienso)
3º ely (3p-mirra)
4º o estudante (2p-pau)
5º kopi (1p-premio gracita)

MathQenK dixo...

CLASIFICACIÓN GLOBAL LOGO DE DÚAS PROBAS:

1º JUNKILLO (12 PUNTOS)
2º TXIKI (7 PUNTOS)
3º O ESTUDANTE(6 PUNTOS)
4º ELY (4 PUNTOS)
5º KOPI (3 PUNTOS)

MathQenK dixo...

Terceira proba: mini golf petanca style (5xan)

A terceira proba celebrouse baixo un ceo bastante gris e nos campos de sports de laias balneario. Os dezaoito buracos xogáronse sen choiva copiosa en ningún momento.

A proba empezou tarde debido a un problema de organización (a libre toma de día festivo por parte de membros do comité de montaxe). Mentres que algúns paticipantes comezaron o xogo totalmente enchufados, coma kopi, con buracos dun só golpe coma o 2 e o 6, outros coma txiqui facían 12 golpes xa nos dous primeiros buracos acusando a fata de siesta.Ooutros dous participantes, O estudante e junkillo (actual lider) amosaron unha regularidade esencial nos primeiros compases, comandando a proba ao principio, mentres que ely promediaba buracos de só 1 golpe con outros de sete ( apartir dos tres golpes se desesperaba e lanzaba as súas famosas briscas).

No buraco 9 junkillo, con 23 golpes, o estudante con 25 e kopi con 26 ían a cabeza. Nun segundo grupo, xa un pouco descolgados, situación que non cambiaría ata o final, mantivéronse ely con 34 e txiki con 37.

A paridade no grupo de cabeza seguíu ata o definitorio buraco 15, no que kopi, con dous golpes, púxose de líder aproveitando que tanto junkillo coma o estudante marcaron o máximo permitido (7golpes). A situación quedaba con kopi líder (44) e cun empate no segundo posto con junkillo-estudante (48). Por detrás, txiki libráballe 4 golpes a ely (57 frente a 61).

As cousas non trocaron ata o final. Kopi mantivo o liderato e os esforzos de txiki por acortar distancias non foron dabondo para alcanza-lo podium. O segundo posto, finalmente, foi para o estudante por un único punto frente a junkillo.

CLASIFICACIÓN FINAL

1-. kopi (6 puntos-ouro)
2-. o estudante (4 puntos-incienso)
3-. junkillo (3 puntos-mirra)
4-. txiki (2 puntos-pau)
5-. ely (1 punto-premio gracita)

O record actual de kopi queda establecido en 57 golpes para rematar o circuito.

MathQenK dixo...

Carta proba: karts

Acordada coma a proba intermedia e con orde de saída inversa a clasificación actual, os karts convertíronse nunha proba tan apaixonante coma polémica debido a falta de rigurosidade e de medios dos organizadores da proba.

A non existencia de tempos ou control alguno provocou que a proba fose caótica e os participantes discutiran respecto da clasificación final. O comezo dda proba estaba claro, logo dunhas catro voltas ely marchaba último debido a un problema na saída. Tras él, junkillo, que levaba duas voltas tentando pasar a kopi sen conseguilo, resisntindo na terceira praza, e logo, destacados no grupo de cabeza, o estudante e txiki.
Na chicane que apparecía trala racta de saída, e na volta catro ( ou eso pensa quen escribe), junkillo e kopi sufriron un accidente por esclarecer que os relegou as últimas posiciós. Tras novas saídas se despegaron do grupo de cabeza, no que marchaban ely, o suicida do estudante e txiki. As cousas non variarían ata o final, onde se discutiron con "cordialidade" as posiciós.

CLASIFICACIÓN FINAL

1-. TXIKI (6PUNTOS-OURO)
2-. O ESTUDANTE (4PUNTOS-INCIENSO)
3-. ELY (3 PUNTOS-MIRRA)
4-. JUNKILLO (2 PUNTOS-PAU)
5-. KOPI(1PUNTO-PREMIO GRACITA)

MathQenK dixo...

Clasifiacción logo de catro probas:

1-. junkillo (17 puntos)
2-. txiki (15 puntos)
3-. o estudante (14 puntos)
4-. kopi (10 puntos)
5-. ely (8 puntos)

MathQenK dixo...

Quinta proba: Scalextric

Os participantes reuníronse o sábado cara as sete e media da tarde no junkillostadium para disputa-las duas última probas do torneo.

A penúltima proba, o scalextric, puso en evidencia que as novas tecnoloxías son coma a santa caralla, pos os móviles con 3 ou 4g dos señores txiqui e estudante non tiñan conómetro para medi-la proba. Tras arranxar un pouco esta pequena complicación, sorteouse a orde da primeira ronda Q1 e o coche (Citroën xsara).

Coma normas, acordouse que o participante, en caso de sairse, tería que coloca-lo carro no mesmo sitio de saída. Cada participante daría 10 voltas ao circuito, gañando o mellor tempo es asegurándose a igualdade decondicios (coma no goberno de zapatero)

Os tempos na Q1 foron os seguintes:

1-. junkillo 1m04s07
2-. kopi 1m06s05
3-. o estudante 1m07s60
4-. txiki 1m09s61
5-. ely 1m16s27

Ely pagou na Q1 a falta de práctica nesta modalidade e quedou como era de esperar eliminado. Na Q2 propúxose saír en orde inversa aos tempos marcados, así a nova orde foi txiqui-prol-kopi-junki. No sorteo salíu que o bólido para a Q2 sería o 124. Os tempos foron:

1-. o estudante 1m07s67
2-. junkillo 1m08s92
3-. kopi 1m10s54
4-. txiki 1m11s60

A sorpresa(relativa, pois hai rumores de que foi campeón de scalextric da sua guardería no 84) foi o primeiro posto acadado nesta ronda polo estudante, que lle otorgou o privilexio de saír na derradeira manga, a Q3, en último lugar. A todas luces parecía definitivo que o título estaría entre o anfitrión e o estudante, posto que os tempos de kopi e txiki non acababan de convencer.

Para a Q3 seleccionouse por sorteo o Seat Panda, un dos autos mais difíciles de conducir.
Os resultados foron:

1-. junkillo 1m14s33
2-. o estudante 1m14s58
3-. kopi 1m17s20

Unha diferenza de dúas decimas privou ao estudante de superar a outro rival pola mínima, coma xa fixera en bolos e minigolf, e o deixou as portas da súa primeira victoria nun xogo. Esta vez non foi e, debido seguramente a súa lentitude a hora de coloca-lo coche na única saída que tivo, quedou coa sempre dolorosa segunda posición.

Así pois non houbo sorpresas e junkillo fíxose cos seis puntos da proba, que lle daba o título final absoluto a falla do futbolín.

1-. junkillo (6p-ouro)
2-. o estudante (4p-incienso)
3-. kopi (3p-mirra)
4-. txiki (2p-pau)
5-. ely (premio gracita)

MathQenK dixo...

sexta proba: futbolín

Deslucida sexta proba debido a victoria matemática de funkillo que fixo que Ely marchara xa a peitearse para a noite de reis. Así, cos catro participantes que quedaban, celebrouse unha liguiña con máis pena que gloria na que só se xogaban o honor.

Os resultados foron

xornadas 1 e 4
junkillo-estudante (7-0, 6-1)
txiki-kopi (3-4, 4-3)

xornadas 2 e 5
txiki-junkillo (3-4, 3-4)
estudante-kopi (2-5, 1-6)

xornadas 3 e 6
kopi-junkillo (4-3, 2-5)
txiki-estudante (6-1, 2-5)

Kopi fíxose con outra medalla de ouro gracias as dúas victorias sobre txiki (unha aproveitando o factor casa e con gol fantasma incluído) e tamén gracias ao reparto de puntos entre txiki e junkillo (pouco motivado). A proba decidiuse na xornada 5 debido a que a matemática xa lle daba a primeira praza a kopi. Junkillo acadou a segunda praza trala única victoria acadada en toda a proba contra kopi.

1-. kopi (6p-ouro)
2-. junkillo (4p-incienso)
3-. txiki (3p-mirra)
4-. o estudante (2p-pau)
5-. ely (1p-non participou)

MathQenK dixo...

CLASIFICACIÓN FINAL

1. JUNKILLO, 27 PUNTOS
2. TXIKI, 2O PUNTOS
3. O ESTUDANTE, 20 PUNTOS
4. KOPI, 19 PUNTOS
5. ELY, 10 PUNTOS

A regadeira de ouro do que ghiñou o mouro e para junkillo, e a cena prevista será no Abadía a expresa petición do gañador.

Anónimo dixo...

Una crónica magnífica qenk. Te has ganado el puesto de comentarista para futuras ediciones.

Propongo como mejora crear el premio Alzamora para el participante con más puntos que haga podium sin haber conseguido ninguna victoria. En esta edición el claro vencedor del premio fue el estudiante aunque no pueda tener ningún trofeo físico.

También, para que quede constancia, tras deliberación colectiva, la prueba de dardos, en futuros torneos será el criquet feroz.

Felicidades el justo ganador de esta edición! (aunque claramente el orden no aleatorio de los bolos le dió la ventaja definitiva)