04 agosto 2008

7 razóns para non ir ás Cíes


Que conste que a finde estivo bem e que pasámolo en grande, e que eu invito aos demáis a facer a lista de aquelas cousas polas que sí paga a pena ir. Pero coma eu son o máis borde e desagradabel dos catro que fumos, analicemos fríamente porqué non se debe ir a vela mellor praia do mundo...

1. A naviera "Mar de Ons". Ao máis puro estilo negocio siciliano de toda a vida, os nosos amigos da naviera, que agora xa non te poden liscar da isla cando lles peta, si se permiten luxos coma sair sempre con retraso, vender os billetes por adiantado só de 5 a 7 da tarde ou non admitires o pago con tarxeta dos billetes (i eso que non son excesivamente baratos; 20 euros por ir e volver e case o que vale facelo en tren rápido de Vigo a Coruña, as dúas cidades galegas máis grandes).

2. Os prezos populares na illa. Só mercamos unha cousa no supermercado, pan de molde (para qué o queríamos se xa tiñamos Pan, preguntarán algúns)(festival del humor). Tendo en conta que o seu prezo respecto ao continente viuse incrementado no 120% aprox, non queremos saber o que se paga por artículos de primeira necesidade (menos mal que os catro levamos 27 anos sen ter a regla)

3. A fauna isleña. E non me refiro os xirelos ou os albatros que andan por ahí protexidos por Touriño, nin a nova especie de Panfibio que se atopa nalgunha cala; refírome ás cucarachas que andaban polo pub da illa (aínda non temos claro se eran mexilóns con patas, mexilóns coma puños, eso sí)

4. Os productos de limpeza usados no camping. Nn deben de ser de mi boa calidade cando o tema fedía coma fedía. Ao seu lado, o garexe do pisiño de Ourense do estudiante é merecedor de tres estrelas na Guía Michelin. A cagar de monte, que abona...

5. Os (escuros) negocios da hostelaría local. E se non, a ver como se explica que a media carreira de Alonso, o dono do bar cambie de canal co argumento "El jefe quiere ver el parte" e nos "suxerira" (entender eiquí o verbo suxerir como cando EE.UU. suxeríu a Xapón que se rendera ao final da segunda guerra mundial) ir ver a outra metade ao outro bar da illa (vos imaxinades aos hosteleiros dos 35 bares da Rabaza de arriba apagando a tele cada 1,38 minutos para acer eregrinar aos clientes ao bar do lao?)

6. Os iates fondeados nas praias da illa. Non hai nada millor que estar na "millor praia do mundo" vendo 50 barcos anclaos diante túa, e as motoras dos novos ricos pasándote ao carón mentres ti intentas nadar. Se Julián Hernández aínda canta a famosa canción, tería que cambiar o de matar hippis por violar pijas, ou algo así.

7. O plus aos xa populares de por sí prezos da illa, mencionados no punto 2. Alguén pensou que pagar 8 euros por ghicho e outros 8 por tenda non bastaba para cubrires o auga quente da illa, e por iso puso uns cachibaches nas portas da ducha que polo módico prezo de un euro soltaban ráfagas de auga quente de vez en cando entre litros de auga xelada (todo amenizado coa fragancia eau de orinus descrita no punto 4)

E podería nomear outras 7 (que a xente se ten que matar por carritos para transportar as mochilas, que o bar abe cando lle peta, que se lle deixas facer plans ao chiki rematas comendo as doce e media e porque te evantas unha hora arde, que no plan orixinal puña 11.45....) pero boeno, quédome con que en realidade pasámolo ben porque somos rapaces dinámicos, que se non...

10 comentarios:

Anónimo dixo...

Solamente existe una razón por la que se puede ir a las Cíes: para disfrutar de una cala paradisíaca más bonita de lo que vuestra mente nunca podría imaginar. Claro que para poder hacerlo recomiendo ir con un grupo de personas que tengan más inquietudes en esta vida a parte de dormir la siesta y tomar cafes en una terracita (resquemor).

Por lo demás estoy totalmente de acuerdo con qenk.

Anónimo dixo...

mucho maricon de playa parece que hay.

Anónimo dixo...

resquemor?


esta finde vou petao de cartos pra Ou... que non me den o pau... polo voso bem

ö dixo...

a tutiplen

ö dixo...

eldemasantes

Anónimo dixo...

Resquemor= ojo en Polonia porque como algo le guste al txiki mucho va a querer volver, aunque esté en la otra punta de la ciudad :)

No le duelen los callos al chaval ni nada.

Anónimo dixo...

Otra punta = un paseito desde el camping

Ojo con las literas de Polonia si alguien duerme debajo de qenk porque si tiene ganas de mear no irá al baño porque estará en la otra punta de la habitación :)

Anónimo dixo...

Q divertido vai a ser esto, jiji!

Anónimo dixo...

Jajaja

Muita diversion nunha illa tan pequena... Cando esteades nunha illa meirande(entendase Londinium) vai ser a canha. Vale, por se alguäen se pregunta, o teclado alemäan e' unha broza: Cambia o z polo y e non ten acentos nin nh

Por aquäi todo moi ben. Manha xa nos vemos por en stansfield/stansted/standford/standard airport. O local ten un montonaaaazo de casas de cambio, polo que non terei problemas se vos retrasades. Se todo vai normal, esperovos na saida do local e senön, terei o movil prendido (guinho a Marinha)

Pois o dito, que por Germany ben, agora mesmo estäa a chover miudinho, miudinho, pero vai calor. En Hamburgo non demos entrado a Airbus (isto xa daräa para un novo post), pero a cidade e' a canha. Estivemos nun hotel de skaters do ma'is pintoresco e as autobahn de 3 carris e sen limite de velocidade son algo que merece a pena probar... Sö vos digo que indo a 180 nos adiantaban fäcil e que indo a 140 polo carril "lento" eres o mäis parvo do lander... Menudos carros q ghastan. Estivemos tamäen nun museo friki de carallo: museo de tecnoloxia, con motores, coches, tanques, aviäons... la polla!!

Bueno, saudos zu Spanien

Anónimo dixo...

alt+164=ñ
alt+165=Ñ