22 xaneiro 2010

Road to EuroVisión 2010

Entre festivales de cinema e demais, estamos a esquecernos do asunto realmente importante neste mes de xaneiro: a preselección de eurovisión. Un ano máis, en vistas de facelo democrático, os amigos de SinPubli dannos a oportunidade de escoller quen queremos que vaia a representarnos. Como o que ten máis tempo libre son eu, xa me encarguei de facer unha escolma dos chorrocentos tipos serios que andan por ahí, para presentarvos xente que merece o noso voto. Podemos votar 5 veces ao día, necesitamos que estos tipos cheguen ao top10 para ver unha actución deles na tele!!! Podes escoitar a canción pinchando nos seus nomes.


1-. Monte experience "Hagas lo que hagas ponte bragas"

Vendo as poses giliñoñas destes tipos no video, de vergoña allea, xa vos poderedes imaxinar como está o percal. Teñen un estilo próximo a Siniestro Total ou No me pises que llevo chanclas. Uns monicreques que só teñen un problema: son claramente inferiores aos outros dous que preseleccionei.



2-. Félix de Zaragoza "La vida"

"Haz caso a los padres en aquello que te digan, y si no te lo dijeran, aprende tú de la vida". Se dixera Tao sería o carallo 29. E esta é só a frase que introduce o hit. O estribillo é digno do PP. Sólo polo xersei e o pelucón merecería ser votado, o máis buscado tralo famoso poncho de Evo Morales.



3-. John Cobra "Carol"

Valencia segue a ser a referencia cultural de España en moitos sentidos (sobre todo en drogas de deseño e fogos artificiais mutiladores) graciñas a tipos comprometidos como John Cobra. Fabulosa balada con bases de hiphop grabada no garaxe da sua casa cun Spectrum 128k. No video adxunto, o bo de Jonnhy danos alguns consellos sobre qué facer se te atopas un homosexual na rúa. "Placa, placa", John dixit.



Rebuscando atoparedes máis cousiñas (inferiores na miña humilde opinión) a estes xenios musicais a altura de J.S. Bach. A votar que quedan poucos días!!!

3 comentarios:

MathQenK dixo...

Lamento que non se entendan ben as sandeces do johnny culebra, o video o debeu montar un australopitecus porque a canción horteira cómese as súas reflexións.

sibarita dixo...

xa tardaba en aparecer este tema :D
E ademáis con unha escolma dos menos habituais nos medios, excepto John Cobra, famoso polo seu pique con el Batu (no confundir con el Batu de Basauri)

PopStarQueen dixo...

Yo soy un tsunami!!!