Aeroporto de Ciampino: apeadeiro: na "escala Ryanair" poríao por diante de Tours (dificil non estalo) e ó nivel de Hanh; quizáis sería máis exacto chamalo "Aeroapeadeiro". Os voos foron amenizados polo coro e danzas de Ryanair co seu típico gran hit: "Buy more now!" de forma continua e á volta houbo (sen custo adicional) aterraxe con suspense ó atravesar as nubes de tormenta en O Porto. A destacar a performance da pasaxeira ó lado de Ro, agarrándose ó asento anterior (ese é o bo, o que sobrevive ás máis duras aterraxes) e os amagos de empezar a botarlle un Rosario a san Cucufato...
O da foto, salvouse. San Cucufato rules!!
Termini= (Atocha+Chamartín) Se eres un fanático das locomotoras, este é o teu paraiso. Ten un centro comercial king size e inclúe entrada ós infernos, digoo ó metro romano. Menudo antro: dúas liñas que parece que precisan ainda 6 meses antes da inauguración. Polo menos aquí, os usuarios usan os tickets, nos autobuses hai barra libre.
Museo Borghese: un tal Scipio Borgia empezou a coleccionar escultura e pintura con bo criterio; o feito de ser cardenal e sobriño do papa de turno axudoulle a conseguir pezas, ainda que tivese que dar explicacións por xuntar tanta xente espida nunha época algo puritana. Gran colección de pezas de Bernini. Moito lujo. Hai cousas realmente marabillosas.
Conseguir que o marmol teña textura de carne... un crack!
Esta non a vimos, pero sí é típico na obra deste xenio a temática dos "éxtasis místicos"
Por Roma adiante hai máis obras deste home.
Coliseo: Monumental, un recinto digno da súa fama. Lamentablemente, hai que denunciar o gran abandono, tanto del como do Foro, Palatino, Termas, ... e todolos elementos da Roma clásica. O que non se caeu el só, foi saqueado por invasores, por ricos, por papas, por pobres... ata deixar todo nunha pura ruina. Os cachos máis conservados son os que se asimilaron a igrexas ou eran demasiado mazacotes para simplemente desaparecer do todo. En xeral está pouco explicado, como un aliciente para que contrates a un guía (ou cargues tí co libreto)
"Os gloriosos restos do meollo de Roma, capital dun imperio"
Sección eclesiástica: amigos, aquí vese onde hai parné. Con San Pedro á cabeza, hai igrexas moi, moi, moi espectaculares: todo marmol, moita altura, moita anchura e un despliegue de barroquismo ata a nausea: dorados, retorneados, vamos, un barroco de manual. Costou atopar só unha igrexa gótica (tamén de manual) e algún restos románicos. Os museos vaticanos son unha maratón de arte, que de tanto que teñen é imposible evitar certa impresión nalgúnhas salas de que están a granel (sobre todo na parte da Roma clásica). A capilla sixtina vímola ó principio de todo (un moi útil briconsello que nos deron) e realmente é algo impresionante. As figuras vense perfectamente e o estilo de Miguel Anxo é moi impactante. Para dar un toque modesto, non exhiben demasiados cálices nin pezas de orfebrería (que seguro que tamén teñen a granel)
Este é un retrato do cardenal que protestou porque MA pintara moito desnudo na Capilla Sixtina
Pola cidade abundan as fontes e os obeliscos (case as únicas mostras artísticas en granito que se ven, porque veñen de Exipto) As plazas están ben explotadas para captar ós turistas. A iluminación das calles é tipo europeo (medio escuras) Sorprendeunos na dieta romana a ausencia de cebola e allo, e máis ainda o nulo uso de orégano nas pizzas. Eso si, ¡albahaca que non falte! Os xelados de gelatería, deliciosos.
Como capital europea, está moi inmigrantizada. Os chinos controlan a metade dos postos de souvenires e de forma ambulante é salientable a infinita comunidade de rasgos indios/bangladeshianos/paqistanís. Os negros teñen rasgos diferentes ós que aquí son habituais, semellando ser somalís ou etíopes.
De entre a multitude de recordos que tratan de venderche destacarei un poster do Duce que vendían nun posto dunha calle supercéntrica e a gran ausencia de retratos de Bieito Equis Uve Pauciño (non confundir con Bieito Equis Pauciño Uve, que debeu coñecer vacas gordas, a xuzgar pola cantidade de placas de mármore co seu nome que foi deixando por numerosos monumentos) Alí a imaxe papal é a de Wojtyła: sonriente, rechonchete, con nenos, con nenas, con coalas...
Vamos, o equivalente a que o madrid de agora inundase a súa tenda de camisetas e fotos de Raúl (con ou sen koala). Debo confesar que a min ese Papa sempre me recordou algo a Popeye, ainda que as hostias que reparte él non poñen os brazos tan fortes...
Intentamos xogar ó Qascai, pero alí o vehículo oficial é o Smart: isto aclara o dilema de para que construia a BMW un coche que non se vendía en ningún lugar. Error, en ningún lugar salvo Roma. Como último apunte, o edificio máis chamativo por alto e por aspecto é o que lle adican a Victor Manuel (ó segundo) Seica fixo moito por Italia e adicanlle un mamotreto digno do seu italianismo. Quizáis foso o primeiro azzuro. Ainda que algunhas das súas ideas políticas perviven, outras como a monarquía ou o seu estilismo perdéronse...
Pois nada máis que desexarlles que cheguen a ser a cidade cuatrimilenaria... Ciao






2 comentarios:
chiste autoreferencial...
por tres gallifantes, tipos de cráneos, por exemplo, dolicocefálico...
un, dous, tres, puntillas outra vez!!!
A min gustárame moito o paseo das fontes... lembro que me facía bo tempo e a xente iba por ahí sen presa.
Non sabía deste "Planeta finito". espero que o pasárades bem!!
Publicar un comentario