Hola hola:
En este enlace
http://ferendum.com/votar.php?pregunta_ID=13595&sec_digit=72463
podedes votar polo destino do primeiro ZEMTOLO. Ata o domingo podedes suxerir novos destinos aos que xa saíron do blog, e a partir do luns podedes votar.
Podedes marcar varias opcións e logo deixar comentarios.
Non é unha cousa moi profesional pero vendo a cantidade de xente non coñecida que entra no blog non creo que haxa problemas.
Se non vos parece fiable, atendo a outras ideas.
A votar!!!
21 comentarios:
Sí, foi a máis cutre que atopei...
Tio, os recortes non iba a afectar á calidade!!
XXD
home, a verdade e que puxen esta merda de enquisa a ver se alguén facía un doodle...
Desde Bertamirans ata Valladolid ou Salamanca hai 4h 4min; ata Benavente non chega a 3h. É bastante diferencia, tendo en conta que non creo que poidamos saír antes das 8.30...
Tamén está a posibilidade de xuntarnos en destino o venres de mañán... aforramos unha noite de pensión/hotel, e inda así temos casi os tres días completos por diante.
Ademais seguro que algún txiki quererá saír a noite de jalogüin a facelo pariolo...
Estades poñendo tantas opciós caralludas que non sei que vou votar...
Xa sabía eu que o da enquisa non iba valer pa moito...
¿Estás suxerindo que a democracia non funciona??
Dende Bertamiráns queremos facer unha reclamación por usurpación de personalidade. Non vale copiar o pseudónimo!!
Resumindo; as opcións que temos son as seguintes:
Xoves 23h_ Benavente
Venres 11h_ Valladolid, Salamanca, Miranda do Douro, Palencia, León, Toro, Zamora
Txikipropostas_ Todas as demais
A nós as que menos nos chaman son León e Palencia, as demais todas nos parecen ben.
Eu saíndo ás 19.30h de traballar considero que todo o que nos leve máis de 3 horas é moito forzar, por eso coloquei así as horas previstas de chegada.
Veña, veña, cartas sobre a mesa que hai que decidir
Se todos estades de acordo, e visto que a enquisa so vale para escarallar coa risa (lembro que hoxe é o último día para por opciós), parece que a idea de Benavente é a que triunfa.
- Preto das lagoas de Villafáfila, de Medina de Rioseco, de Toro... e a tres horas de camiño.
- Aloxamento por 130€ en hostal la trucha (os tres días, 22€ por persoa e noite), ou por 177€ en Hotel Santiago, que é máis caro pero que está bastante ben (patri i eu xa estivemos). Os dous son meollescos.
- De marcha está ben e pa comer tamén, ten tapeo e ambiente.
Así que case podemos ficar alí as tres noites e movernos cada día a onde queramos... non sei...
vou meter máis opciós chorras
TLINTILINTLIN TLIN
Conservas Cortizo!! Cortizo xa estaba!!! O xurado cre que son a mesma cousa
Polas contas dos supertacañones, foron 32 respostas correctas a 4 Kunaeslotis cada unha, fan un ttotal de 128 kunaeslotis!!!!!!
Felicidades ao pobo elixido, os gastaremos alí.
ate media noite hai tempo...
Eu creo que con duas noites chega, nos o xoves a Sandra non sae ata as 9, así que entre unha cousa e outra, saimos as tantas, e na nosa situación (ou peor), están Iago e Pan, que sean a esas horas e teñen unha hora mais de viaxe, ou Xulian, e logo o Txiki sae tamén as 8.30, así que pola miña parte son partidario de durmir o xoves na casa e sair o venres a maña descansados, a chegar a 1 ou 2 da mañà a Benavente ou onde sexa
Por certo Ordelles e o Pikadero, é o mesmo
Te voy a cerrar la boca
Uff!!! Temos depresión otoñal, que nos poñemos tontitos... ;)
Por certo, un inciso, se queredes vendimar, os fins de semana do 5, 12 e 19 de outubro, a ruta do viño ten un viño bus, que vai ir por algúnhas adegas, para que a xente vendime e algunha outra actividade, coma un túnel do viño.
http://www.rutadelvinoribeiro.com/uploads/media/TEMPOS_DE_VENDIMA_rv-web.pdf
Pois se quedamos o venres pola manha non e' preciso quedar en Benavente...bueno , estaria ben saber que opinamos todos para ir reservando
POR MIN XUNTARSE O VENRES PARA COMER ESTÁ BEN.
alguén se opón?
La selección de sitios fue de coña, estupendo, pero la votación lleva las mismas trazas y vamos a volver al punto de partida, así que, sin que sirva de precedente, voy a ser yo quien aporte la cordura y os pida votar en serio cuanto antes para poder organizar el tinglado.
Que sepais que negaré estas palabras delante de cualquier jurado.
buah
el txiki pidiendo cordura...
Publicar un comentario