31 xullo 2007

En noviembre vuelve Futurama

info sacada de microsiervos:

"Futurama volverá el 27 de noviembre. Lo hará como largometraje (Bender's Big Score!) en alta definición y tras la primera entrega llegarán otros tres largometrajes más, cada uno dividido en cuatro episodios —esto suman 16 episodios y en mi pueblo se llama serie, pero bueno."

hoxe puiden ver o máis ilustre habitante ourensán en mo'haka e contoume que tamén se vai a praia, o amigo elisardo coincide, co cal este finde ourense vai estar moi baleiro.

amigo xhupador de cables e vomitólogo profesional a túa fan "namber one" mandoume o mail co teléfono #include, se o queres avisa.

frase mítica do fin de semana pasado:
"que hijos de putaaaaaaaaaaaa!!" xhupador coas máns na cabeza.

23 xullo 2007

Please, entradas pequeniñas

Por favor, facede entradas de cabeza pequenas; senón non se da visto fácil se alguén novo posteou!

16 xullo 2007

edad_QenK=edad_QenK+1;

Felicidades!! Como non te pillamos para festexalo contigo, tivemos que facer nos toda a festa e soprar as velas. E de remate, para homenaxearte, fomoslle tomar unha birra ó local de primeira hora da peñita do πpol.

Pd-. xa poño o título friki para que vos ensañedes...

optimizando versión 1(post): edad_QenK++;
optimizando versión 2(pre): ++edad_QenK;
optimizando versión 3(boring): edad_QenK=+1;

by GaUsS (el que optimiza)

Congratulations mr. chicken sexador

Pd (Ely): Bueno como os enlaces nos se ven (viches profe Pan!!!) pois os poño aquí, visto que xa sodes 2 os que pretendedes dar clases de matemáticas, e so un o consegue (co que molaria ver o Pan, facendo entender..)

Teorema de Pitágoras



Límites



Raices



Trigonometría

09 xullo 2007

De como P3/3 deixou de ser P3/3

Esta entrada só é unha invitación a P3/3 para que nos conte como van eses preparativos para os pinxhillos...

03 xullo 2007

Operación retorno

Bueno, este post solo é para que cando entredes, apareza unha parrafada máis curta. Por favor, se algunha vez tedes moito que contar(caralludo) ponde como entrada un post pequeno a modo de introducción e, como primeiro comentario, incluide toda a historia. Zankiu por axudarnos a ter un blog máis limpo e ordenado!

A tódolos que andan dispersos: ¡Avisaide de cando ides chegando!

23 xuño 2007

Canary Islands chapter one: Foo Fighters - Learn To Fly

Como hai moito que contar imos a contalo todo por capítulos. Neste primeiro chapter imos falar da impresión que me
causaron os tres primeiros viaxes en avión que fixen na miña vida e que espero que non sexan os derradeiros por que me
gustou bastante a experiencia.

point one. santiago Flughafen.
==============================
Despois de ler os posts que puxestes esperabame unha única habitación cun garda civil acompañado soamente pola cabra, que
sería a encargada de revisala equipaxe, pero a verdade é que o aeroporto de santiago deume moi boa impresión, aínda que
polas horas non acompañaba moito porque as 11.30 da noite excepto o 24 horas coa comida/bebida mega-cara o resto estaba
pechado.

Para factura-las maletas non houbo moitos problemas: entre 8 e 12 posibles mostradores dos que soamente 3 estaban abertos
e eran todos para o meu voo. Unha televisión pequena, tal como dixo elisardo, indicando o número de voo daslle os
billetes e volves a tomar un café para esperar que abran a porta de embarque.
Na porta de embarque non moitos problemas, non lles puxen cara de "ti non tocas o licor café" e non houbo pitidiños de
ningunha clase nin cacheos aleatorios a muhamed.

Deste point destacar a cantidade de persoas que viaxan ou con portatil ou con pda. Vai ser que a tecnoloxía sí serve para
traballar.

point two. first fly.
=====================
O viaxar de noite é moi relaxante. A descripción do proceso que fixo o amigo elisardo foi exacta, lástima que a
explicación de como por o chaleco fora en video e non en vivo. :-)
Técnicamente a viaxe era nunha mala noite, chovía e facía vento (piloto dixit) pero tando o despegue como a aterraxe como
o resto do voo foi mansiño e moi tranquilo. Impresionou que os vintetantos minutos do voo o piloto solta: "...alcanzados
los 800 km/hora, un poco por debajo de lo normal, hemos dejado atrás la ciudad de Oporto...", impresionante.
Por último cando Elisardo dixo que o comandante/azafatas falaban en varios idiomas mentiu, falan en castelán e despois
din algo completamente inintelixible (como cando falas rápido e non queres que che entendan).

point three. Las Palmas de Gran Canaria Flughafen.
==================================================
Este é o aeroporto que menos puiden visitar, chegamos con todo pechado(3:30) e fomonos con todo pechado (6:50) dende logo
é moito maior que o de santiago, o que chama a atención son os carteis de información. Exemplo:
Gepäckstück
luggage/baggage
equipaje

sempre nese orde, os visitantes españois son os 3 en importancia. (confirmouse xa en gran canaria). Na volta a
facturación e o embarque foi algo máis difícil, moitos mostradores e moitos voos, pero a sinalicación nestes sitios é
maravillosa. (ata ese momento)

point four. second fly.
=======================
Por fin vemos o mundo dende arriba. Impresiona, sentíame coma paco martinez soria, como se vai levantando e como ves
dende arriba o paisaxe, como deixas debaixo algunhas nubes que parecen pintadas, completamente irreais... quero ser
piloto... snif snif.... Como o primeiro voo tanto a aterraxe como o despegue como o voo foi lixeiro levadeiro e moi
tranquilo.

Cousas destacables: o ruso que tiña o lado. Tomemos o irmao do Yonko como unidade base de medida pois para facilitar o
amigo sexador a imaxe do meu compañeiro de viaxe diremos que:
ruso=1.5*[irmao_do_yonko]

se algún de vos viu danko, calor roxo creo que o amigo
goberneitor pelexou cun tipo igual o principio da peli na sauna rusa... mama que ghixho, estaba lendo un libro (en
cirílico of course) e a súa palma da mao era tan grade como o libro aberto, menos mal que ninguén lle abre a porta....

point four. Madrid Flughafen. T2 alias "Ramses II".
===================================================
Estivemos 6 horas como pasaxeiro en tránsito polo que non esperedes unha boa impresión.
Lugar: excesivo. Esperaba que fora grande pero a verdade que non tiña ben tomada a unidade métrica: intentei chegar dunha
punta a outra pero a verdade e que "va a ser que non", eu estaba o final (onde as tendas) e indo cara o principio chegei
ata a letra b, pero negeime ir ata a porta a.1.

Información: errónea. No noso voo soamente coincidía o número, nin o nome nin o horario e as señoritas (estraxeiras) de
información de spainair a eva so lle dicían: ten que coincidir o número e o horario, se non coincide o horario non é o
seu (de usted) voo. Cando faltaba unha hora fun preguntar eu, e depois de insistir en que eu estaba bastante seguro que
o panel estaba mal, e despois de fager algunhas chamadas infructuosas, remitíronme a porta de embarque, porque eles non
estaban seguros.... gran información, si señor, se lle facemos caso aínda estamos en Madrid.

Para comer, tal como dixo o amigo sibarita, tiñamos varias opcións, ningunha boa e ningunha económica, o final
inclinámonos pola mini-pizzería, eva quería comer de plato, pero eu tamén me inclinaba polos bocatas en bagette de 4
Euros.

Cousas que podes facer tirado nun aeroporto durante tanto tempo:
a) durmir: imposible, os bancos son terribles.
b) pasear: non hai nada que ver.
c) matar as rapazas de información de spainair, moitos problemas ó facturar.
d) ver os rapaces do etnic de bilbao xogar coas latas e falar en castelán (ese idioma invasor)
e) ver a toma de posesión de espe en telemadrid.... SIIIIII

Aprendín despois de esta experiencia que non é bo que esteas coma pasaxeiro en tránsito durante máis de 2 horas. Como non
saimos da terminal non houbo que pasar polos controis de policía. Lástima.

point five. third fly.
======================
Puto piloto. Daban ganas de berrarlle: "gañán onde conseguiches o carnet de pilotar!!!!!!!!", aquelo parecía unha montaña
rusa, se hai premios a pilotar ese home non gañaba seguro, o aterrizaxe igual de mal, o despegue correcto. Neste viaxe si
fixeron a perfomance de como por un chaleco. moi graciosos. Aquí xa botaba de menos o ruso.

Foi a viaxe que se me fixo máis longa (e curiosamente en tempo foi a máis curta). Como nota curiosa o piloto debeu dicir
que iamos tomar terra cando aínda estabamos pola provincia de ourense, concretamente nalgún lugar do cañón do sil, que
daban ganas de dicirlle non me jodas máis o estómago e deixame aquí.

point six. Vigo Flughafen. sehr kleiner Platz.
==============================================
Vale, o amigo sexador ten razón, parece un aeroporto de xoguete, so faltaba a cabra. E tan pequeno que non vale a pena
nin comentalo.

posdata 1: mandei o dvd antes de irme para canarias, confirma que non se quedou con él ningún carteiro amigo sexador.
posdata 2: as cervexas son como os números enteiros, non lle gustan os decimais.
posdata 3: o final non cumplín as deutch-expectativas e non puiden presentar (I need his signature) asi que a persoa que
me pregunte que tal o proxecto, mordolle a fígado.

19 xuño 2007

Vaaya tooorito, ay torito guapo!!

Tributo a un gran artista. Sempre nos quedará a sua música. Ademais, tamen aficionado ó software libre.

17 xuño 2007

Xa temos o 50% do Derbi-BBVA

O final o revulsivo de Hristo, non deu resultado...




E o madrid outra vez campeon de liga..dende logo, menos mal que nos queda a victoria de Hamilton, que si non..

Kopi vai a animar o Negreira

12 xuño 2007

que grande o amigo sexador

hola hola,

pois resulta que estaba a maña traballando (debugging que te debugging) cando chega a miña nai toda asustada o piso de arriba, porque recibira un paquete na porta (signed is required) o meu nome, cuns sospeitosos cilindros no interior: bomba, tnt, islamista, capsula corp. de Bulma.... non "drei bieres" do amigo sexador... lamentablemente teremos que esperar o fin de semana do 23 (se sigo vivo porque a data límite é o 22) para bebelas (prolman debería seguir en pontevedra porque se non as contas non me saen).

hoxe non me conecto para falar (sorry llulius and elisardo) que lle quero meter algo mais de caña que a maña foi moi productiva e quero facer moitos tests. de todas maneiras non son moi necesario, elisardo viñera comigo, polo que sabe todolos datos.

en canto o amigo sexador... joder pavo o das cervexas era de broma pero gracias adiantadas dos seus tres futuros bebedores... xa che mando maña a maña o dvd.

para rematar comentar un cazo (tamén chamado zuzezo) das jrades festas locais (de despidada) do pp da alcaldía de ourense:

concerto estrela deste ano: COTI
día: luns noite (onte para ser exactos)
lugar: campo do couto (a p*t* da xunta non deu permiso e finalmente foi no paco paz).
aforo: non chegaba a 1000 persoas.... o cantante fixo que a xente baixara á pista (algunha estaba nas gradas) supoño que para non sentirse ridículo.
responsable: o calvo que ten como único mérito sair na portada do país (edición nacional) por facer uso do dereito de casarse coa sua parella (mesmo sexo.... pero alí estaban balty e "mangueritas-feijoo celebrando o enlace)
premio polo desastre de organización: rumoréase que poly vai como vice da deputación e o calvo queda como representante do pp no concello.

cousas veredes....


saudos e prometo que o 23 pola tarde poño megapost sobre o viaxe as Canary Islands.

06 xuño 2007

zwei bieres!!!!


Ey, xulián, lamento pisarche a entrada anterior pero para unha vez que teño algo interesante que postear... dame moita envidia esa festa de cumpreanos que lle fixéchedes ao fraggel, estades tod@s fantásticos, pero daríame máis envidia se este tipo non nos houbera tratado como auténticos reises en Viena... el e a súa dona, os perfectos anfitrións!!!
A cidade macanuda, e a cultura recibida moi moi grande...

05 xuño 2007

Party at Prolman's

Saúdos parroquia
Aquí vai a foto de grupo dos que estabamos. Acordámonos moito dos que non puideron estar here. Estivo caralluda a noite!





Aquí se pode ver a tarta deconstruída live polo anfitrión da casa. Estaba moi rica. Na panda hai boa man nos fogóns!


Tiven o fallo de non fotografar o plato valeiro(non quedou nin a vergonza...)

Pd-. perdón por non ser máis creativo ou explayarme moito máis, pero mañá madrujo e (joer) xa tou baldao. Xa non está o corppo para estes findes salvaxes...

28 maio 2007

Hay nuevo Sheriff en la ciudad


Después del típico día en el que todo son estadísticas, y cada uno ve la feria como le conviene, ya que todos creen que ganaron, se ve que se les escapo algo… sigo sin saber cual es 4 fuerza política de Ourense, eso que este año creo que era mas reñida que la alcaldía, ¿Conseguiría “Sabio Manolo” mas votos que Troitiño?¿Y Valcarce?...
Bueno y para los que aun no se enteraran, tenemos nuevo jefe en la oficina, eso si hay cosas que no cambian, y Baltar sigue dándolo todo…
Bueno le paso la conexión a los corresponsales de Pontevedra Vigo y Cuenca…pobre Corina L (como dejarían escapar una alcaldesa tan cachonda…?)

Para Zapatilla news...

22 maio 2007

I get curro!!

Que pacha, parroquia!! Conseguino!!
Convencín a alguén no departamento de que son unha persoa de proveito e vanme contratar!!

En principio teño para un ano(se paso o tempo de proba) por Vigho. Tiquitiquití, nenita!

Para cerrar ben a entrada, ahí vai:

Va el Jordi al banco y diu:
Bon día ! . Vengo a solicitar un crédito.
Encantado de atenderle, don Jordi. Veamos ... ¿qué cantidad solicita?
1Euro. ¿Cómo...? Por favor, don Jordi, no es necesario solicitar un crédito
por esa cantidad. Puede Vd. retirarlo de cualquiera de sus cuenta ¿Se lo
saco de su cuenta corriente o de su libreta de ahorro?
-¡He dicho que quiero que se me conceda un crédito POR UN EURO! Si no me
lo conceden, cancelo la cuenta, la libreta, el fondo de>inversiones y me
voy a otro banco, collons!
¡OH, no, don Jordi, por favor! No me malinterprete. Desde luego, no
tenemos ningún inconveniente en concederle su crédito, faltaría más.
-Bien ¿qué plazo desea?
- Un mes.
-¿Un mes ?....... Bien, como es un plazo corto le aplicaremos un interés de
un 10% y .. por ser Vd. uno de nuestros mejores clientes, lo dejaremos en
un 5%. Le conviene?
- Molt bé. Como garantía, quiero dejar el Mercedes.
-¿El Mercedes? ¡Pero, don Jordi! Por esa cantidad no es necesario que
nos deje una garantía. Además, tratándose de Vd., sobra cualquier garantía...
-¡He dicho que quiero dejar de garantía EL MERSEDES! ¡Si no me lo aceptan, o cancelo la cuenta, la libreta, el fondo de inversiones y me voy a otro banco, cony!
-¡Oh, no, no, don Jordi! ¡Por favor! Aceptamos mucho gusto su garantía, claro que sí. Puede dejarlo en el parking de la oficina. Ahora, no tiene más que firmar aquí. Eso es. Muy bien, don Jordi. Muchas gracies y a su disposición. Hasta pronto.

El Jordi que llega a casa y le diu exultante a su mujer:
-¡¡Merçé, cariño!! ¡Ya nos podemos ir de vacaciones! ¡¡¡ENCONTRÉ>PARKING VIGILADO PARA EL MERSEDES DURANTE UN MES, Y POR SÓLO 1,05 EUROS!!!


Vémonos nas eleccións!

16 maio 2007

Consellos sobre viaxar en avión para Mr. Bread

Xa dín co fallo do blog, jeje, agora a cuestión e dar con fallos na librería que estou construíndo.
Como estou en modo dor-de-cabeza fago un copy-paste do último comentario:
"well well well a journey is coming,

xa saíron as datas da oposición que eva vai facer en canarias, dentro dun mes, o fin de semana do 16-17 de xuño, así que propoño os grandes informáticos que controlades este blog que fagades unha entrada conforme: "as cousas que Mr. Bread ten que saber pq nunca montou en avión...."

toda información é ben recibida, sexa útil ou non, dende que cantos kilos pode pesar a maleta ata como ir vestido para que os carabinieri fagan un "control aleatorio" (elisardo dixit)

o exame é na parte norde das palmas de gran canaria (+ cidade - estranxeiras), no campus universitario de Tafira (sip, no é Tarifa está ben escrito), se alguén quere vir (aínda que non creo que polo exame) sempre será benvido.


saudos e agardo ese post de axuda"

well well well this is the help-post

11 maio 2007

espe-jo de lo que somos

Chejou a compaña política para ver se o que ten nome de cadelo consegue gobernar ourense!!! mentres, alén de Guadarrama algúns están desexando que termine xa a inoportable calor (33º dende o luns) ou ben que abran dunha vez a maldita piscina da urbanización (parece que vivo en "mi gitana", coa Pantoja). Por suposto, os polos están ravolucionadísimos, inagoantables. É o que ten este traballo...
Enorgulléceme que o nome desta entrada sexa o gran slogan de Telemadrid... son listos, estos madrileños...

02 maio 2007

Temos que facer un post en inglés

A ver se melloramos entre todos as destrezas no idioma de Xespir ese. Pois si, todo segue normalillo polo blog. Este finde, ainda que non o recoñeza moito, o noso amigo Evaristo atopouse cunha persoa que o identificou positivamente como "Evaristo" pero parece que para os dias seguinetes esqueceu ese detalle(e a saber cantos máis...) Jeje

Díxome Stif(o colega do Outo de pelo rizo) que estivera a falar o sábado con Evaristo pero que tiña a lixeira sospeita de que ese non era exactamente o seu nome...

Por certo, recoñezo a miña ignorancia, pero ¿Quen carallo é P.3??

20 abril 2007

o trofeo do señor ese das moedas...

Vaia, parece que certo equipo vai ter que recurrir á "épica" nunha competición hispánica. Humm, poderá ese equipo de mer..., quero dicir, ese equipejo pintar algo? Será acaso capaz de remontar tan adverso resultado? E falando doutro equipo, poderá Hristo(Stoikov, no Mejode) resucitar o que queda do Celta a tempo?
Estes e outros interrogantes serán resoltos nos próximos post...

13 abril 2007

Derby!!


Como se pode intuir facilmente, este foi o día despois da presentación e defensa do proxecto...

En París, daste conta de que a torre Eiffel non é tan alta como din por ahí(ou eu me sentía moi grande)
Este cartelillo aparece cando xa levas un peaso de tempo ascendendo...

Unha sorpresa ó aterrrar no Carliños de Gaulle. Teñen momificado un Concorde deses. A impresión é que era un avión moi pequecho. Non sei como era por dentro, pero por fora abultaba máis calquera dos outros do aeroporto, pero estaba moi chulo!

03 abril 2007

Canta vagancia...


Catro administradores e teño que por eu o post de cabeceira...

Para zanxar dunha vez o debate:
Oscars de Rocky I(a única que estivo alí)

(el Puma soplando las velas del 31cumpleaños)

19 marzo 2007

Sr. Sibarita Ingeniero

Bueno ya tenemos un Sr. Sibarita Ingeniero, y un demandante más de empleo y unos pinchos menos en la agenda, y no veas como fastidia, no me da llegado la hora de los de Fraggel & Pan… en fin, que la presentación estuvo bastante bien, y en serio he estado muy atento, ya me veo capacitado para mantener una conversación de detectores de bultos móviles o fijos… después pinchitos de matricula (ya colgara las fotos o el video) como aperitivo a una noche de farra en la que nos lo pasamos realmente bien, podemos decir que tanta organización previa, era para algo grande (hehehe).Enhorabuena!!