19 marzo 2007

Sr. Sibarita Ingeniero

Bueno ya tenemos un Sr. Sibarita Ingeniero, y un demandante más de empleo y unos pinchos menos en la agenda, y no veas como fastidia, no me da llegado la hora de los de Fraggel & Pan… en fin, que la presentación estuvo bastante bien, y en serio he estado muy atento, ya me veo capacitado para mantener una conversación de detectores de bultos móviles o fijos… después pinchitos de matricula (ya colgara las fotos o el video) como aperitivo a una noche de farra en la que nos lo pasamos realmente bien, podemos decir que tanta organización previa, era para algo grande (hehehe).Enhorabuena!!

09 marzo 2007

Xa hai data...

Hola, parroquia. Xa teño data para presentar. O próximo venres á unha e media no seminario de telemática. ¡¡Por fin!! Prometo pinxillos para despois dun animado monólogo no que se contarán as bondades dos equipos radar de alta resolución.
Rógase confirmación.

:D

05 marzo 2007

Cando colisardo vai por tabaco

Ai aia iaiai aiai...
Dende logo, cando vas en busca dalguén polo local, logo polo fetiche, logo por non sei que outro sitio de niñas... i o fulano non aparece...
colisardi, colisardo... queremos xa unha explicación convincente do teu paradeiro... e non vale dicer que estabas co Pan e con Eva... sabemos que non lles van os miróns...
mira que non presentarnos as túas amigas...

25 febreiro 2007

SALDOS

Están que te venden á primeira de cambio.
Empecemos con un xogo: propoño que fagamos unha lista de personas e cousas que lle teñen medo á auga:
-os gremlins
-os dunha peli de extraterrestres, que cando os botaban ó mar desfacíanse
-os cactus
-o Pan...
joer, foi matemático, acaba de darse de baixa(15min antes de sair) e cando é a hora que quedamos(verídico) baixa o nivel das precipitacións de chuvia a orballo de mierda

E coa noite avanzada, inda houbo outra. Eran dos, pero en seguida quedou unha libre en compló, para revolver... Que alguén lle pregunte a Elisardo o final da historia, que eu non me quedei a velo.
(ainda non teño moi claro porque acabei eu tamén co seu teléfono,¿ por non ter boli?)

21 febreiro 2007

Volta de novo

Saúdos a todos!
Aqui voltamos do entroido... Agardamos noticias de tódolos corresponsais. Eu tou dandolle o ultimo (espero) empuxón o proxecto, con ganas de rematar xa!!! Por certo, os turkos podia botarnos unha man en liga, pero nada, ahi, a tocar os webs empatando...

11 febreiro 2007

fin de semana raro, raro, raro

Joer, se que cada vez que o penso, máis raro me parece: eu pensaba(mal, error) que este finde iamos a despedir a Mr Prolman antes de que se fose á xira rusa, pero surprise,surprise: non o vimos en todo o sabado nait.
Pois nada, que xa facía tempo que non estabamos só os camándulas clásicos: (don)Elisardo, (don)Pan e servidor("aspirante a")Con iso de que facía calorcillo e orballaba, inda pensamos en ir ás zapatillas cun litro do bar suizo, pero xa non saimos de alí. A verdá é que nos trujamos como búfalos, entroulle unha chica ó Eliseo(dicía que as amigas pasaban dela, pero non se tocaban nada, aclaro) e botamos unhas grandes risas. Tamén pasou por alí o Funkillo e dixonos que tamén posteara por este blog(consultar entrada de "ruso para todos") Benvido á parroquia, Mr Funkillo. O de firmar como pinturas despista un chisco...

08 febreiro 2007

Festa no, digo, do Coliseo

Hola á concurrencia. Ando algo liadillo e por iso non puxen nada antes. Pois moi ben este finde pasado: no Chino jalamos ben(gracias pola suxerencia QenK). Fomos a este que está cerca da plaza Maior, indo cara a plaza de abastos(vale, non o vou explicar mellor) Jalamos mil millons de tipos de arroz e a sangría estaba caralluda(menos mal que Prolman deixou clariño que non se ía beber máis sangría) E sobre se o Pan bendeciu ou non, pois non che sei dicir: ó baño foi, pero o que foi facer quedou entre el e o señor Roca. Pola noite nótase moito que é tempo de exams porque non hai moita xente por ai.
E nada, o luns foi o Ghran Dia: Eliseo, o Tribunal e un proxecto polo medio. Teño que reconocer que me pareceu un bo proxecto, vamos que en Italia se tocou os webs, "ma non troppo", que inda currou bastante. A presentación é distinta á típica de Vigo, pero moi vistosa. A presentación que cha conte mellor el, que eu iso do ácido ferúlico non o domino moito. Pero en resumen, que resulta viable e que... bueno, Sobresaliente!(Bravisimo Eliseo)
Logho fomos convidado a uns pinxos na cafeta(momento das fotos) inclúo as dúa porque teñen coña.




Case o desmontan alí mesmo, diante nosa. Menos mal que deu pinxos, senon pápano a el!
:D


30 xaneiro 2007

Curso CCC de informática práctica...


Información para usuarios de ordenadores...

27 xaneiro 2007

Ala foi PPLois

Pois si rapaces, chegoulle o día D.
Saiulle todo caralludo, unha boa presentación, un tribunal algo papahostias pero que ó final se portou e pinxillos
Pódese observar na foto a Antonio sacando proveito dunha habilidade única: sempre é capaz de cerrar os ollos para unha foto(é máis rápido có obturador...)
Ah, vale, o proxecto era unha movida para permitir que un correo electrónico inclúa un mensaxe de voz e este sexa accesible directamente dende o xestor de correo, por un teléfono, ... bueno, para máis explicación chamar á empresa onde curra(moito)
Jeje, veulle o xefe(que tamen era tutor) á presentación, e ó final, cando xa marchaba pa empresa, parecía que lle estaba dicindo a Jose:"Muy bien, Sr Gil, ahora solo tiene que recuperar todas estas valiosas horas de trabajo" Jeje Non se pode falar moi alto, hai que por as barbas a remollo xa!

17 xaneiro 2007

Xa se palpa a emoción no ambiente. Para que non proteste máis o camarrada chessmasterr, cambiamo-la decoración:

Esperamos máis inforrmación de Mr PЯOLMAИ nos prreparativvos da súa viaxe ás terras do norte prra chimparrlle os peóns ó camarrada Путин(alias, Putin) Se ves que poñen carra de sacarr un kalshnikov, mellorr deixarrse perrderr!! Tamén vai o señorr Castrron??
Que currioso, a letrra N en cirrilico é unha H e o nome do chesmasterr leríase como "Piaolmai" e Prolman sería "ПРОЛМАН"

Estarr locos estos rrusos:
http://www.sanpetersburgo.com/idiomam.htm



08 xaneiro 2007

Ano novo!


Saludos a todos! Isto arranca de novo cos rescoldos do "Ye monks"


Grande imaxe do polo...

17 decembro 2006

Conta atrás!

Hala, que dentro de nada xa estamos ahi todos xuntos.

14 decembro 2006

La squadra piú pazza!

Así lle chaman ó Celta en Italia: o equipo máis tolo. Capaz de gañarlle ó Madrí e palmar en casa contra o archipoderoso Recre...

En fin, que pasamos de ronda cos webs de corbata(as usual) Que tal os turkos?? Ah, si o Fenerbaçe tamén se clasificou...(JEJEJE)

Mr QenK, ¿xa che puxeron nome de guerra os teus adorados discípulos?¿Pode dicirse por esta canle? Xa estás por Ou dentro de un par de semanas¿non?

10 decembro 2006

veu o frio

Menudo puente... gelar, gelou!!

04 decembro 2006

Debate de findano

Xa tardaba... ¿onde nos metemos? ¿Xesteira? ¿Central Park? ¿Pipol? ¿Que nos vai decidir: quizais a música reguetona ou unha camareira "con experiencia" de varias guerras?
Donas e cabaleiros, está aberta a veda

PD-. Portugal 2
Turkia 0

23 novembro 2006

Que grande...


Menuda pasada! Estivo caralludo: turismo de dia e sair pola noite; con dias de 28 horas todo é posible. O mellor das visitas pa guiris mesturado co mellor da "spanish fiesta" polo mundo adiante...

Nesta foto acababamos de levantarnos pra unha viaxe e palmamos o bus: volta pa casa a jalar algo de desayuno(ainda nos duraba...)

19 novembro 2006

DERBY GANADO!!!

 As noticias voan e aqui en Alemania todo o mundo está feliz polo resultado. Mola a movida Erasmus. Mañá imos polos castelos do Rihn(ou algo asin) xa porei fotos...

0-1

15 novembro 2006

Emigro

Marcho dar unha volta á terra das te(u)tonas. Vémonos á volta. Intentarei traer algo de birra(en bolsas de 100ml). Auf wiedersehen!(ou algo asin)

08 novembro 2006

Magosto (para agosto)

Ala, a tomar por Kandahar! Non hai magosto. A ver se hai fecha alternativa e senon a jalar castañas a casa Cristo!

13 - XI
25 - XI
Casa Cristo(calquer dia)

Putos numaros romanos...

02 novembro 2006

Magosto (este ano, a etiqueta graciosa para kopi)

Ideas, suxerencias, desbarres, ... todo cabe!

PD-. Mr PANCEV, saludos de Lorena(industriais), que non sabe onde esta o teu foto blog para darche un saludo!