Por adiantado... o mapa coa ruta.

17-ago
Chegada da xente confirmada (Txiki, Kopi, Funkillo e Tania)ao pobo de Worclaw ao longo do día. Noite en Wroclaw. Organización do equipo.
18-ago
Collemos as 8:15 o primeiro tren cara Cracovia. Chegamos a unha máis ou menos, e trala búsqueda de aloxamento e comida, visitamo-lo centro da cidade (catedral, castelo, etc.). Noite en Cracovia.
19-ago
Un día agobiante: temos que seguir visitando o centro de Cracovia e ademais desprazarnos ao campo de concentración de Auswitz así coma as minas de sal da periferia, patrimonio mundial da UNESCO. Creo que o millor sería ir a primeira hora a Auswitz, pero xa veremos. Como vedes se premedes nos links, as opcións son moitísimas, así que esto será millor discutilo no tren a Cracovia o día antes.
20-ago
Podemos reservar para a mañán o que nos quede por ver de Cracovia, pero o máis temprano posibel (e dende as 8:00 ou 11:17 da mañán) saímos cara a estación de Zakopane, que nos levará tres horas de viaxe. En Zakopane o noso obxectivo son os montes Tatras, que coma ven veredes no link non son outra cousa máis que os Alpes polacos (con razón). Intentaremos durmir ahí.
21-ago
Pasaremolo día nos Tatra, intentando facer algunha ruta de sendeirismo, ainda que eso parece compricado se non alquilamos un coche. De tódolos xeitos pola noite e dende Zakopane sairemos as 21:35 cara Varsovia, a onde chegaremos as cinco da mañán do día seguinte (o equivalente ás oito en spaña, tranquis)
22-ago
O dito: dende as cinco da mañán (sí, existen) poderemos visitar Varsovia, a capital polaca, facendo noite eiquí.
23-ago
Día en varsovia onde pode ser interesante desprazarse cara as aforas para ver e pasear por algúns dos xardíns máis impresionantes en europa. Voltamos a durmir, se se pode, en Varsovia.
24-ago
Comeza a aventura, a de verdade. Ademáis, deixamola civilización e adentrámonos na zona do país máis virxe e inhóspita: a que fai fronteira con Bielorrusia. Cara as 9:30 saímos en tren a Bialystock e dende alí collemos un bus da postguerra cara Bialoweza. A peropecia está narrada neste blog, que recomendo dende xa por as fotos que ten o tipo dos nosos destinos en Polonia. En Bialoweza, a onde non sei a qué hora chegaremos, estaremos ante o último bosque virxe de europa, podendo recorrelo en bici ou incluso en carroza, coa esperanza de ver aos últimos bisontes europeos.
25-ago
Irémonos de Bialoweza coa intención de chegar a Varsovia as 20:10 (así que pasámolo día na tranquilidade do bosque). Eiquí Funkillo e Tania collen un tren a Wroclaw de volta para casa e Txiqui e Kopi collen un tren que os deixa a hora dos churros (ou sexa, as cinco da mañán outra ves) en...
26-ago
Na capital báltica polaca, Gdansk. Alí pasaremolo día visitando os múltiples atractivos da cidade que, ao lado do xa visto, vainos a tirar un pouco dun pé. Efectivamente durmimos neste pobo de medio millón de ghichos.
27-ago
O día extra. Neste día que se deixa baleiro, se vamos ven de tempo, podemos facer algo por Gdansk. Pero o día é por se ficásemos nos Tatra, en Bialoweza ou en Cracovia un día de máis, para axustar o percorrido. Digamos que é o día de voltar a coller o plan de viaxe se acaso andamos con retraso.
28-ago
Se todavía non nos violaron, Txiki i eu Visitaremos Torun, saíndo de Gdansk as 9:00 e viaxando unhas tres horas. Torun e patrimonio da UNESCO e ademáis e a cuna de Nicolás Copérnico, un crak.
29-ago e 30-ago
Vota para Wroclaw. Como se fai vía Poznan, existe a posibilidade, posto que as dúas cidades distan 3 horas, de para a ver Poznan nun anaco e logo ver Wroclaw, onde temos que durmir seguro o día 30 de agosto, para coller o avión o 31 e voltar á dura realidade do traballo.
Ben, ademáis dos links que seguro atopades interesantes, que sepades que os horarios son reais e que está recollidos da páxina web dos ferrocarris polacos en riguroso polaco, aínda que se pode por en inglés premendo nun sitio que agora mesmo non atopo. Tamén vannos ser de utilidade a páxina da xuventude europea e a do interrail. Así que a mirar cousas, que condo eu chegue de volta en xullo haberá que deixar atada a ruta... espero as vosas críticas e comentarios. hai que porse xa con esto que con mercar catro billetes de ryanair non imos a ningún lao.
























